Pestanas principais

A Plataforma Feminista Galega organiza unha concentración este xoves, 11 de maio, ás 20:00 horas, na praza da Maía de Bertamiráns, en contra das violencias machistas

Mércores, 10 de maio de 2017

[10-05-2017] A Plataforma Feminista Galega (PFG) organizou unha concentración para este xoves, 11 de maio, ás 20:00 horas, na praza da Maía de Bertamiráns. Este evento de loita feminista contra as violencias machistas ten por lema “Xuntas remataremos co patriarcado criminal”. Dende o Concello de Ames convídase á veciñanza a que acuda a dita concentración con candeas para acender no momento da concentración.

A concelleira de Servizos Sociais e Igualdade, Luísa Feijóo, destaca que “hai que traballar sensibilizando e facendo visible esta lacra social, para que toda a sociedade identifique e rexeite estas condutas. Hai que fomentar e apoiar o asociacionismo e a autoorganización das mulleres, para así alcanzar a igualdade plena. Animamos á veciñanza a que se achegue este xoves, ás 20:00 horas, ata a praza da Maía para participar na concentración organizada pola Plataforma Feminista Ames”.