Pestanas principais

A Plataforma Feminista Galega organiza unha concentración este mércores, 23 de novembro, ás 18:00 horas, na praza da Maía de Bertamiráns, en contra das violencias machistas

Mércores, 23 de novembro de 2016

[23-11-2016] A Plataforma Feminista Galega (PFG) organizou un acto público para este mércores, 23 de novembro, ás 18:00 horas, na praza da Maía de Bertamiráns. Este evento de loita feminista contra as violencias machistas enmárcase dentro dos actos programados con motivo do 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia Contra as Mulleres. A concelleira de Servizos Sociais e Igualdade, Luísa Feijóo, destaca que “as violencias machistas están presentes na sociedade todos os días do ano, polo que hai que traballar todo o ano, sensibilizando e facendo visible, para que toda a sociedade identifique e rexeite estas condutas. Hai que fomentar e apoiar o asociacionismo e a autoorganización das mulleres, para así alcanzar a igualdade. Animamos á veciñanza a que se achegue este mércores, ás 18:00 horas, ata a praza da Maía para participar na concentración organizada pola Plataforma Feminista Ames”.