Pestanas principais

A Plataforma Feminista Galega convoca unha concentración para este martes, 20 de decembro, na praza da Maía de Bertamiráns

Luns, 19 de decembro de 2016

[19-12-2016] A Plataforma Feminista Galega (PFG) organizou unha concentración para este martes, 20 de decembro, ás 20:00 horas, na praza da Maía de Bertamiráns. Este evento de loita feminista contra as violencias machistas ten por lema “Xuntas remataremos co patriarcado criminal”. Dende o Concello de Ames convídase á veciñanza a que acuda a dita concentración.