[02-09-2013] O pasado mes de febreiro foi difundido a través da páxina web o “Plan para a mellora da contratación administrativa municipal”, dando así cumprimento ao disposto no Plan de Axuste 2012-2022, aprobado polo pleno na sesión celebrada o pasado 29 de marzo de 2012 en aplicación do previsto no Real Decreto-lei 4/2012, de 24 de febreiro, polo que se determinan obrigacións de información e procedementos necesarios para establecer un mecanismo de financiamento para o pago aos provedores das entidades locais. Agora, difúndese o “Plan para a mellora da contratación administrativa municipal” para o segundo semestre de 2013. Premendo no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás consultar o devandito plan.




