Pestanas principais

Plan de mellora da contratación administrativa municipal

Martes, 12 de marzo de 2013

[12-03-2013] O Concello de Ames vén de elaborar un plan de mellora da contratación administrativa municipal para todas as obras, servizos e subministros. Este plan de mellora do servizo de contratación atópase encadrado dentro do Plan de Axuste 2012-2022, que foi aprobado en sesión plenaria o pasado 29 de marzo de 2012, e que ten por obxecto garantir a sostibilidade económica do Concello, ao contemplar unha serie de medidas que pretenden devolver ao equilibrio a situación financeira municipal. O departamento de contratación, despois de estar dirixido pola Intervención -en primeiro lugar- e pola Tesourería -en segundo lugar-, volverá a depender da Secretaría Xeral.