Pestanas principais

As piscinas descubertas municipais acollen en xullo sesións de aquagym e ioga de balde

Luns, 27 de xuño de 2022

As piscinas ao aire libre de Ames van celebrar ao longo do mes de xullo unha serie de actividades de dinamización deportiva para as persoas usuarias destas instalacións. As propostas consistirán en varias sesións de balde de aquagym e de ioga, que se desenvolverán tanto na piscina descuberta de Bertamiráns coma na do Milladoiro. Dende este luns 27 de xuño, están abertas as inscricións para as clases de ioga, que terán lugar ás 10:00 horas dúas veces á semana, a través da plataforma Cronos. As sesións de aquagym, que serán semanais ás 16:00 horas, non requiren de inscrición previa.

A Concellaría de Deportes vai organizar no mes de xullo varias sesións de dinamización deportiva nas dúas piscinas descubertas do concello, en Bertamiráns e no Milladoiro, co fin de que a veciñanza amesá poida continuar coa práctica deportiva de xeito gratuíto durante o verán. As actividades ofertadas serán o aquagym e o ioga, con opcións en ambos núcleos tanto en horario de mañá como de tarde.

Sesións de ioga ás 10:00 horas

Por unha banda, as clases de ioga desenvolveranse polas mañás, a partir das 10:00 horas, con dúas sesións á semana dunha hora de duración. A proposta terá lugar os martes e os xoves na piscina descuberta do Milladoiro, e os mércores e os venres na piscina ao aire libre de Bertamiráns. Para participar, cómpre realizar a inscrición dende este luns 27 de xuño, a través da plataforma Cronos. Será obrigatorio que cada persoa participante leve a súa esteira.

Clases de aquagym ás 16:00 horas

Por outra parte, ás 16:00 horas será a quenda do aquagym, cuxas sesións de 45 minutos se desenvolverán os martes na piscina de Bertamiráns e os mércores nas instalacións do Milladoiro. Neste caso, para esta proposta non se precisará de inscrición previa.

Novas relacionadas:

El Correo Gallego: "Ioga e aquagym dende as piscinas descubertas"

As piscinas descubertas municipais acollen en xullo sesións de aquagym e ioga de balde

Multimedia

  • As piscinas descubertas municipais acollen en xullo sesións de aquagym e ioga de balde