[30-08-2011] Móbiles, cámaras de fotografía, lentes, mochilas, roupa, bolsos, carteiras e moitas chaves. Estes obxectos que un día tiveron dono, agora fican expectantes, esperando que nalgún intre volvan a buscalos. O certo é que moita xente acode a reclamalos, pero o paso do tempo fai que se esquezan daquelas pertenzas que algún día extraviaron. E este pequeno santuario de obxectos sen dono atópase na oficina da Policía local de Ames onde, a pesar de que no verán o ritmo diminúe, seguen recibindo utensilios perdidos. Normalmente, deposítanse nesta oficina unha media de dous ou tres obxectos cada día. Polo tanto no que levamos de ano a Policía local recolleu arredor de 500 obxectos perdidos que achegaron ata a rúa Alcalde Lorenzo. Se vostede extraviou calquera pertenza, pode estar a tempo de recuperala, así que non dubide en pasarse pola oficina de obxectos perdidos da Policía local do Concello de Ames.
Móbiles, cámaras de fotografía, lentes, mochilas, roupa, bolsos, carteiras e moitas chaves. Estes obxectos que un día tiveron dono, agora fican expectantes, esperando que nalgún intre volvan a buscalos. O certo é que moita xente acode a reclamalos, pero o paso do tempo fai que se esquezan daquelas pertenzas que algún día extraviaron. E este pequeno santuario de obxectos sen dono atópase na oficina da Policía local de Ames onde, a pesar de que no verán o ritmo diminúe, seguen recibindo utensilios perdidos. Normalmente, deposítanse nesta oficina unha media de dous ou tres obxectos cada día. Polo tanto no que levamos de ano a Policía local recolleu arredor de 500 obxectos perdidos que achegaron ata a rúa Alcalde Lorenzo. Se vostede extraviou calquera pertenza, pode estar a tempo de recuperala, así que non dubide en pasarse pola oficina de obxectos perdidos da Policía local do Concello de Ames.
Obxectos que fican inmóbiles esperando a volta do seu dono ata dous anos e un día. A oficina de obxectos perdidos da Policía local de Ames almacena durante ese tempo os obxectos perdidos esperando que os usuarios/as volvan por eles. No caso de que o propietario/a fose identificado, recibirá nunha carta pechada a súa perda, pero se iso non se producira, as cousas que teñan valor entréganse no Concello de Ames que as distribúe entre a xente necesitada. Todos os obxectos que entran na oficina rexístranse nun programa informático cos datos de quen o atopa e o valor do achado, intentando identificar o propietario polo padrón municipal ou, no caso de ser doutro concello, remitindo o obxectos ao departamento de Policía que corresponda.
Normalmente, deposítanse nesta oficina unha media de dous ou tres obxectos cada día. Polo tanto no que levamos de ano a Policía local recolleu arredor de 500 obxectos perdidos que achegaron ata a rúa Alcalde Lorenzo. Segundo informan dende a Policía local o número de obxectos perdidos increméntase na época en que se celebran festas.
Un dos casos máis sorprendentes foron os 3.000 euros que perdeu un habitante do concello e que un honrado veciño foi levar á oficina de obxectos perdidos. O seu dono, despois de responder a múltiples preguntas para corroborar que eran seus, puido recuperalos. E é que ser honrado ten recompensa, xa que ademais de entregarlle o 10% do atopado á persoa que o entregou, en caso de non aparecer o seu dono en dous anos, entrégaselle integramente os cartos á persoa que os achou. Outro caso foi o esquecemento dun maletín con toda a documentación para unha viaxe a Latinoamérica, incluíndo billetes e pasaportes, e que deixaron arrimada a unha sinal. Gracias a axuda dun veciño puideron recuperalos.
E é que ninguén está a salvo de non perder algunha cousa e a todos ocorreunos algunha vez. O procedemento para entregar ou recuperar algún obxecto perdido é moi sinxelo. No caso de que perdamos algo, só teremos que confiar na honestidade da persoa que o atope, xa que se está disposto a entregalo, existen moitas posibilidades de que o recuperemos. Todos os obxectos, teñen unha ficha de rexistro e están gardados nunha especie de almacén. Cando transcorren máis de dous anos para atopar propietarios aos obxectos, os artigos considéranse oficialmente abandonados. É entón, cando os que non teñen dono identificado e son de pouco valor envíanse a outro lugar para a súa posterior destrución. O resto dos artigos permanecen no almacén á espera de que algún dono preocupado pase a recollelos.
Por esta razón, aínda que sexa verán, debes saber que a oficina de obxectos perdidos da Policía local segue á disposición de todos os amienses que desexen entregar algún obxecto extraviado e tamén, para todas aquelas persoas que perderon algo. Simplemente deben achegarse á rúa Alcalde Lorenzo, en Bertamiráns. Tamén podes ter máis información chamando número de teléfono 619 767 575.
Contido relacionado
El Correo Gallego: "Quinientos objetos perdidos buscan dueño en Ames o irán a beneficencia"
La Voz de Galicia: "Los amienses perdieron medio millar de objetos este año"