Pestanas principais

"Pedras e estrelas" contou con 70 asistentes nesta nova edición

Domingo, 27 de xullo de 2025

A actividade Pedras e estrelas, organizada polo Concello de Ames en colaboración co colectivo A Rula, xuntou a 70 persoas durante o noite de onte, 26 de xullo, que puideron desfrutar en dous pases dous tallados dos petróglifos de Monte Castelo de A Peneda Negra, ambos os dous nun fantástico estado de conservación: círculos, coviñas, figura antropomórficas, e figuras cervo son algunhas das formas que se poden distinguir nos gravados. As explicacións sobre este conxunto patrimonial foron dadas por Luís Leclere. Posteriormente realizouse unha observación do ceo nocturno tamén a cargo do colectivo A Rula por Antón Bouzas.

 O concelleiro de Patrimonio, Javier Antelo, insistiu na importancia da conservación do patrimonio na difusión e organización actividades para “dar a coñecer o todo o patrimonio histórico que temos no Concello de Ames, que non é pouco e ten un gran valor”.

A importancia da área arqueolóxica de Ames
Os concellos de Ames, Santiago e Teo constitúen unha área arqueolóxica das más importantes de Galicia, xa non só pola abundancia, senón pola calidade e conservación dos petróglifos. Actualmente pódense contar máis de cen xacementos entre os tres municipios no val da Maía e a contorna fluvial do río Sar. No caso de Ames, o concello conta con verdadeiras xoias arqueolóxicas, con petróglifos como o de Oca, ou a Nave, situada en Mourigade na parroquia de Bugallido. Ademais, na área rupestre de Ventosa atópanse tres conxuntos de petróglifos: o de Monte Castelo e o da Peneda Negra, os cales se visitaron na actividade Pedras e Estrelas, e Campo Redondo.
 
O Concello de Ames vén colaborando co colectivo A Rula para organizar durante o período estival visitas nocturnas a distintos petróglifos como o da Nave, en Mourigade, ou os do Monte Castelo e Peneda Negra, en Ventosa. Este tipo de actividades serven para explicarlles aos participantes os diferentes paneis insculturados co apoio de iluminación artificial rasante que permite unha óptima visualización dos petróglifos.

Novas relacionadas: 

El Correo Gallego: "Setenta persoas gozaron das estrelas e petróglifos no monte Castelo de Ames"

Pedras e estrelas

Multimedia

  • "Pedras e estrelas" contou con 70 asistentes nesta nova edición
  • "Pedras e estrelas" contou con 70 asistentes nesta nova edición
  • "Pedras e estrelas" contou con 70 asistentes nesta nova edición
  • "Pedras e estrelas" contou con 70 asistentes nesta nova edición
  • "Pedras e estrelas" contou con 70 asistentes nesta nova edición
  • "Pedras e estrelas" contou con 70 asistentes nesta nova edición