Pestanas principais

PECHE DO REXISTRO XERAL OS SÁBADOS

Sábado, 01 de outubro de 2016

[01-10-2016] A partir da vindeira semana o Rexistro Xeral do Concello de Ames deixará de abrir os sábados pola mañá. Esta medida tómase despois da entrada en vigor da Lei 39/ 2015 do 1 de outubro, onde se declara que os sábados deixan de ser día hábil, polo que os documentos non se poderán rexistrar ata o luns. Deste xeito, este sábado, 1 de outubro, será a última fin de semana que permanecerá aberto en horario de 9:00 a 14:00 horas. O goberno municipal está barallando varias opcións para ampliar de luns a venres o horario que se ofrece no Rexistro Xeral e mailo horario de atención ao público que se ofrece nas oficinas xerais de Bertamiráns.

O Concello de Ames dispón dun Rexistro Xeral, que está situado na Casa do Concello, e dous rexistros auxiliares, situados nas Oficinas xerais do Milladoiro e no Pazo da Peregrina de Bertamiráns. Estes rexistros prestan servizo á veciñanza de luns a venres, en horario de 9:00 a 14:00 horas. Ademais, ata o de agora o Rexistro Xeral do Concello abría os sábados polas mañás en horario de 9:00 a 14:00 horas.

Trala entrada en vigor da Lei 39/ 2015 do 1 de outubro, onde se declara que os sábados deixan de ser día hábil, o Rexistro Xeral do Concello non abrirá os sábados polas mañás, polo que os documentos non se poderán rexistrar ata o luns. Este sábado, 1 de outubro, este rexistro aínda prestará servizo, pero o vindeiro sábado 8 de outubro xa non o fará, tal e como se recolle na devandita lei.

Debido a esta normativa estatal o goberno municipal está barallando varias opcións para ampliar de luns a venres o horario que se ofrece no Rexistro Xeral e mailo horario de atención ao público que se ofrece nas oficinas xerais de Ames. Deste xeito, o goberno tratará de ampliar o horario de apertura do rexistro ata máis alá das 14:00 horas, e mesmo estudarase a posibilidade da apertura da atención ao público un día en horario de tarde. Estas opcións están a ser negociadas cos traballadores/as do Concello.