- Tematica
O Concello de Ames informa que, debido a unha incidencia provocada polo desprendemento do liner, a piscina municipal do Milladoiro deberá permanecer pechada ata o vindeiro luns, 21 de xullo.
Lamentamos as molestias que esta situación poida causar á veciñanza, especialmente o día de mañá, de altas temperaturas. Para paliar os efectos desta circunstancia, o Concello reforzará o servizo de transporte en autobús á praia fluvial de Tapia na xornada de mañá, facilitando así o acceso a espazos de lecer alternativos.
Por parte do Goberno vén de trasladarse o malestar á empresa polas continuas deficiencias da obra de arranxo da piscina e vaise a solicitar un informe técnico para depurar responsabilidades.
BUS DE TAPIA
O autobús sairá ás 15.30 horas desde O Milladoiro e realizará parada en Bugallido, Agro do Muíño e Bertamiráns. O regreso será ás 20.00 horas coas mesmas paradas que no percorrido de ida.
Localización das paradas:
O Milladoiro: Parada do novo centro de saúde.
Bugallido: Ao carón da farmacia.
Ortoño/Agro do Muíño: Parada das Cortes.
Bertamiráns: Rúa Alcalde Lorenzo, nas inmediacións da Casa do Concello.
Novas relacionadas:
La Voz de Galicia: "La piscina de O Milladoiro, cerrada hasta el lunes por problemas con el revestimiento"
Diario de Santiago: "Péchase temporalmente a piscina do Milladoiro e refórzase o servizo do bus de Tapia"
Lindeiros: "Ames obrigado a pechar a piscina do Milladoiro"





