Pestanas principais

Péchase o prazo para apuntarse na senda verde que se vai desenvolver este domingo 26 de marzo

Venres, 24 de marzo de 2017

[24-03-2017] O Concello de Ames organizou unha andaina pola senda verde, que une as localidades do Milladoiro e Bertamiráns a través de camiños e pistas forestais nun traxecto de 12 quilómetros, para este domingo 26 de marzo. A ruta ofrece fermosas vistas do Val da Maía, paraxes de singular beleza, lugares de interese histórico local, núcleos de poboación tradicionais e elementos de carácter etnográfico e relixioso. A saída realizarase ás 10:00 horas dende a Casa da Cultura do Milladoiro. A chegada á praza do Concello de Bertamiráns está prevista para as 13:30 horas. Haberá servizo de autobús para achegar aos participantes de Bertamiráns ao punto de saída, situado no Milladoiro, e para, unha vez rematada a ruta, levar aos participantes do Milladoiro ata a Casa da Cultura desta localidade. Este venres, ás 14:00 horas, pechouse o prazo de inscrición. Dende o Concello agradecen o interese que espertou esta actividade entre a veciñanza amesá.