[27-08-2013] O mércores 28 de agosto quedarán pechadas ao tráfico provisionalmente as rúas Anxeriz e Pardiñeiros. Este peche débese as obras de remodelación que se van a realizar na intersección destas dúas rúas do Milladoiro. A execución destas obras de reparación do cruce da rúa Anxeriz coa rúa Pardiñeiros impedirá a circulación de vehículos dende o mércores 28 de agosto, ás 08:00 horas, ata o remate da actuación prevista para o luns 2 de setembro, ás 20:00 horas. Quedará sinalizado o acceso exclusivo aos propietarios dos garaxes que viven nesta zona. A empresa Xestión Ambiental de Contratación, adxudicataria das obras executadas na rúa Anxeriz entre os anos 2009 e 2010, será a encargada da realización das obras de remodelación. O Concello de Ames, a través da Concellaría de Vías e Obras, pide desculpas polas molestias que poidan ocasionar estas obras.
A próxima semana comezarán a executarse as obras de reparación do cruce da rúa Anxeriz coa rúa Pardiñeiros. Estes traballos impedirán a circulación de vehículos polo contorno da rúa Anxeriz dende o mércores 28 de agosto, ás 08:00 horas, ata o remate da actuación prevista para o luns 2 de setembro, ás 20:00 horas. Deste xeito non se poderá acceder ás rúas de Anxeriz e Pardiñeiros dende a avenida Rosalía de Castro, a rúa Cruxa, a rúa Agro do Medio e a rúa Raxoeira. Quedará sinalizado o acceso exclusivo aos propietarios dos garaxes que viven nesta zona. Estas obras de remodelación da zona máis deteriorada da rúa Anxeriz levaranse a cabo grazas ás xestións que realizou o Goberno municipal coa empresa Xestión Ambiental de Contratación.
Estas obras realizaranse despois da toma de mostras realizada no pavimento da rúa Anxeriz para determinar o seu deterioro. Cómpre lembrar que a remodelación da rúa Anxeriz rematou no ano 2010 e nestas obras investíronse un total de 1.056.829,38 euros do Fondo Estatal de Inversión Local. Pouco tempo despois, comezaron a producirse os levantamentos do pavimento. Agora vanse levantar os adoquíns que están deteriorados e aplicarase unha capa de formigón. A actuación vaise levar a cabo no cruce da rúa Anxeriz coa rúa Pardiñeiros. A empresa Xestión Ambiental de Contratación, adxudicataria das obras executadas na rúa Anxeriz entre os anos 2009 e 2010, será a encargada da realización das obras de remodelación.
Tomas de mostras do pavimento
Previamente, no mes de marzo, técnicos municipais, operarios da empresa que levou a cabo as obras na rúa Anxeriz, os directores de obra e traballadores dunha empresa de control de calidade realizaron na rúa a toma de mostras in situ de compoñentes do pavimento. O obxectivo destes traballos, que requiriron o corte ao tráfico da rúa, foi analizar a resistencia dos materiais empregados na obra.
O primeiro dos pasos foi determinar os tres puntos da rúa nos que se tomarían as mostras e marcalos. Despois, procedeuse ao levantamento de adoquíns nestas zonas para que o operario da empresa de control de calidade tomase as mostras de formigón e morteiro, que posteriormente se analizarían para determinar a súa calidade e resistencia.
As mostras tomáronse en tres puntos da rúa nos que se observaban tres aparencias do pavimento distintas. No primeiro caso, atopábase roto o zuncho de formigón e fundido o pavimento. No segundo caso, estaba fundido o cerco dunha arqueta, mentres que no terceiro atopábase fundido o formigón nunha das zonas de rodadura da rúa. En todos estes puntos, tomáronse mostras dos diferentes compoñentes do pavimento para realizar probas en laboratorio. Ademais, supervisáronse outros puntos da rúa indicados por veciños e veciñas.
Esta operación de toma de mostras foi froito das xestións levadas a cabo polo Concello de Ames coa dirección de obra e a empresa adxudicataria das obras de reurbanización da rúa Anxeriz, de cara a determinar e atallar as causas que motivan as deficiencias que presenta actualmente o pavimento.
Contido relacionado

La Voz de Galicia: "Las calles Anxeriz y Pardiñeiros de Milladoiro se cortan al tráfico"




