[25-10-2018] A amesá Nadia Iglesias de Salvador vén de disputar o Mundial júnior de patinaxe celebrado en La Vendée (Francia), no que quedou cuarta. Entre os logros da deportista, que en 2017 conseguiu o primeiro campionato de Europa da historia do patinaxe artístico galego, encóntranse a medalla de prata acadada este ano no mes de setembro no Campionato europeo de patinaxe artístico, así como o título de campioa de España conseguido en xuño.
A patinadora amesá, Nadia Iglesias de Salvador, acadou neste mes de outubro o cuarto posto no Mundial júnior de patinaxe celebrado en Francia, con unha puntuación de 450.500 puntos. O campionato rematou coa vitoria da italiana Rebecca Tarlazzi, con 499.900 puntos, mentres que a prata foi para ás mans de Daria Alexandra Matei, con 486.500, e o bronce para Bruna de Castro, con 478.100 puntos.
A patinadora amesá, pertencente ao Club de Patinaxe Artística Maxia da Coruña, realizou unha gran actuación durante o programa curto, que lle serviu o quinto posto, pero un fallo da italiana Clarissa Bellagamba axudou á española a alcanzar o cuarto posto despois do programa longo.
Así, esta boa posición durante este campionato súmase á longa lista de éxitos que a patinadora amesá está a acadar nos últimos anos, entre os que se encontra a medalla de prata no campionato europeo disputado en setembro nas Illas Azores, a revalidación do título de campioa de España en xuño deste ano, a medalla de ouro conseguida no campionato de Europa de 2017 ou o terceiro posto no mundial júnior disputado en Nanjing (China) o pasado ano, no que competiu como campioa do campionato europeo.
Contido relacionado
La Voz de Galicia: "Nadia Iglesias, cuarta en el Mundial júnior de Francia"