[21-11-2018] Esta mañá na visita feita á zona das Galanas, a subdelegada do Goberno na Coruña, Pilar López-Rioboo, anuncio que a partir do vindeiro 10 de decembro iniciaranse os traballos para colocar as sinais que prohibirán a circulación de vehículos pesados, con MMA maior a 30 toneladas, pola avenida de Rosalía de Castro, no Milladoiro. Esta medida permitirá desviar uns 250 vehículos pesados ao día cara a autoestrada AG-56. A subdelegada do Goberno estivo acompañada dos alcaldes de Ames, Jose Miñones, e de Teo, Rafael Sisto. Posteriormente, a subdelegada do Goberno e o xefe da Demarcación de Estradas de Galicia, mantiveron unha xuntanza na Casa da Cultura do Milladoiro con representantes da Corporación municipal e da Plataforma veciñal da N550.
A subdelegada do Goberno na Coruña, Pilar López-Rioboo, visitou esta mañá os concellos de Ames e Teo para avanzar xunto aos alcaldes, Jose Miñones, e Rafael Sisto, en novas actuacións que redundarán na humanización do núcleo urbano do Milladoiro. En dita visita, na que tamén participou o xefe da Demarcación de Estradas de Galicia, Ángel González del Río, a subdelagada do Goberno, confirmou a inmediata prohibición da circulación polo centro do Milladoiro de vehículos pesados de máis de 30 toneladas, que serán desviados a partir do próximo mes de decembro e retirados por tanto do núcleo urbano desta localidade amesá.
Pilar López-Rioboo destacou que “esta actuación vai a propiciar a eliminación dos camións de gran tonelaxe polo núcleo urbano do Milladoiro. Trátase dunha actuación que se reclamaba dende hai moito tempo. Dende a Subdelegación do Goberno o que fixemos foi poñer de acordo a todas as administracións para que esta actuación se puidera facer”.
De seguido, o xefe da Demarcación de Estradas de Galicia, Ángel González del Río, confirmou que “as sinais comezaran a colocarse a partir do 10 de decembro. O desvío dos vehículos pesados estará materializado antes de fin de ano. Esta actuación farase en coordinación coa DXT e coa Garda Civil de Tráfico”. A Garda Civil de Tráfico velara polo cumprimento da normativa e están exentos desta prohibición os camións que se dirixan aos polígonos do Milladoiro e do concello de Teo.
Estímase que con esta medida deixen de circular ao ano pola avenida de Rosalía de Castro preto de 100.000 vehículos pesado, xa que son máis de 250 camións, con MMA maior a 30 toneladas, os que atravesan cada día esta localidade. Deste xeito, ditos vehículos terán que desviarse dende a SC-20 (á altura da gasolineira) cara a autoestrada AG-56 e polo corredor AC-522, ata a glorieta das Galanas, situada na N-550. Os únicos camións que poderán circular pola avenida de Rosalía de Castro serán os que se dirixan ao parque empresarial do Milladoiro e aos concesionarios situados no lugar de Reborido (zona sur do Milladoiro).
Posibilidade de ampliar esta prohibición
Asemade, a subdelagada do Goberno na Coruña, reiterou o compromiso do Ministerio de Fomento de estudar a posibilidade de ampliar esta prohibición a vehículos cunha tonelaxe inferior. Neste senso recoñeceu a necesidade de conciliar esta medida coas necesidades e demandas de comerciantes e empresarios, entre outros colectivos. Deste xeito, avánzase na humanización da avenida de Rosalía de Castro, contribuíndo así á mellora da calidade de vida dos veciños e veciñas desta localidade.
O alcalde de Ames, Jose Miñones, doulle as grazas a Subdelegación do Goberno “polo traballo feito para que esta actuación se puidera levar a cabo. Hai uns 10 anos isto era un soño, agora é unha realidade e agardamos que dentro dun tempo poidamos ter humanizada a avenida de Rosalía de Castro. É certo que xa está redactado o proxecto para executar un enlace na rotonda de entrada do Milladoiro, ten un orzamento de 6 millóns de euros. É un avance e agrademos que se poida licitar pronto. Tamén se está facendo un estudo de varias alternativas, entre as que se atopa a execución dunha variante, co obxectivo de humanizar o centro do Milladoiro”.
O alcalde de Teo, Rafael Sisto, destacou “as nosas reivindicacións eran conseguir o acceso dos camións ás empresas e concesionarios da parte sur do Milladoiro, concretamente a zona de Reborido, algo que se logrou. Agora a única petición que nos queda é construír unha glorieta na saída do corredor AC-522, na zona das Galanas”. Sisto tamén reivindicou a apertura da AP-9, libre de peaxes, no tramo de Santiago a Padrón, para tratar de reducir o tráfico na N-550 ao seu paso polo Milladoiro.
Proxecto de reforma da rotonda de entrada ao Milladoiro
Por outra banda, falouse da posibilidade de modificar a glorieta das Galanas, creando así unha nova regulación circulatoria para desviar o tráfico da N-550 cara a AG-56. O Ministerio de Fomento está estudando na actualidade esta posibilidade, que require a ampliación da actual rotonda, para permitir o xiro dos vehículos pesados para que poidan acceder con solvencia a autoestrada AG-56. Este proxecto require da implicación da Xunta de Galicia, que se pretende plasmar cun convenio con Ministerio de Fomento.
Neste sendo o xefe da Demarcación de Estradas de Galicia incidiu en que existentes dous proxecto para a reforma da rotonda das Galanas e da glorieta de entrada ao Milladoiro, para a súa futura transformación en enlace. Este último proxecto xa está redactado e atópase dentro dos proxectos prioritarios para licitar.
Neste sentido, por parte do Concello de Ames tense o compromiso da Xunta de Galicia de asumir o custe do enlace do desvío da N-550 cara a AG-56, o que sería complementado polo propio Ministerio coa construción da rotonda que regulase o desvío. Esta visita supón unha continuación da reunión mantida no pasado mes de setembro pola subdelegada do Goberno na Coruña co alcalde de Ames. Asemade, a semana pasada representantes da Corporación municipal mantiveron un encontro en Madrid co Director xeral de Estradas do Ministerio de Fomento, Javier Herrero Lizano.
Contido relacionado
La Voz de Galicia: "La prohibición del paso de camiones por Milladoiro entrará mañana en vigor"
Compostela 24 horas: "El tráfico pesado abandonará Milladoiro en diciembre"
La Voz de Galicia: "Milladoiro: 43 camiones en 30 minutos"
La Voz de Galicia: "El obligado desvío por la AG-56 y el corredor duplica la distancia pero el tiempo es similar"
El Correo Gallego: "Tráfico vigilará que en un mes no pasen tráileres por O Milladoiro"
La Voz de Galicia: "Los camiones no podrán cruzar O Milladoiro a partir del 10 de diciembre"
Compostela 24 horas: "A partir de mañá os camións xa non poderán circular polo Milladoiro"