Pestanas principais

Participa no VIII concurso de viñetas “IgualMente” que organiza a Deputación da Coruña

Xoves, 23 de marzo de 2017

[23-03-2017] O Concello de Ames informa que dende o departamento de Servizos Sociais da Deputación da Coruña, convocouse no marco das actividades da conmemoración do 8 de marzo 2017 “Día das mulleres”, o VIII Concurso de viñetas, baixo o título “IgualMente”. Poden participar todas as persoas físicas con idades comprendidas entre 12 e 18 anos. O prazo de admisión de obras está aberto ata o 12 de abril de 2017.

O obxecto do certame é empregar a viñeta, ou tira de viñetas (como máximo 6 viñetas) para reflexionar, concienciar e mudar mentalidades da cidadanía en xeral e da poboación adolescente en particular, xa que representan o cambio e o futuro, sobre a importancia de gozar de relacións afectivo-sexuais e de parella saudables e en igualdade, incidindo na necesidade social de respecto e tolerancia das diversidades sexuais e as identidades de xénero para acadar unha sociedade mais xusta e igualitaria.

Poderán participar todas as persoas físicas con idades comprendidas entre 12 e 18 anos. O prazo de admisión de obras ábrese o día seguinte á publicación das presentes bases no BOP e péchase o 12 de abril de 2017.

En canto aos premios, seleccionarase tres traballos finalistas en cada categoría:
CATEGORÍA A: (idades comprendidas entre os 12 e 14 anos)
CATEGORÍA B: (idades comprendidas entre os 15 e 18 anos). Nas dúas categorías, o primeiro premio recibirá un iPAD AIR e unha colección de cómics e o segundo e terceiro premio unha TABLET e unha colección de cómics.

As bases deste certame pódense obter premendo na seguinte ligazón: http://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2017/03/13/2017_0000001936.html. Para máis información: https://www.dacoruna.gal/servizos-sociais/area-igualdade/premios/concurso-vinetas/