[22-04-2014] A Concellaría de Medio Ambiente, a través da Aula da natureza, organizou un obradoiro, que se denomina “Xardín de primavera”, para este sábado 26 de abril. Esta actividade, que está dirixida aos nenos e nenas de 6 a 12 anos, desenvolverase dende as 11:30 ata as 13:30 horas na sede da Aula da Natureza. Para participar nesta actividade é necesario inscribirse previamente chamando ao número de teléfono 660 004 665 ou enviando un correo electrónico ao enderezo auladanatureza@concellodeames.org. As inscricións haberá que realizalas antes das 14:00 horas do vindeiro venres 25 de abril.
Aproveitando a chegada da primavera a coordinadora da Aula da Natureza impartirá este sábado, 26 de abril, un obradoiro no que os participantes traballarán con plantas aromáticas e plantarán flores como a caléndula na horta da Aula da Natureza. Esta actividade, que está dirixida aos nenos e nenas de 6 a 12 anos, desenvolverase dende as 11:30 ata as 13:30 horas na sede da Aula da Natureza.
Os participantes traballarán no xardín da Aula da Natureza acondicionando as plantas aromáticas que hai neste lugar. Os rapaces e rapazas terán que tapar con terra os pés destas plantas, para evitar que nazan malas herbas. Tamén lle darán forma as aromáticas. Trátase principalmente de acondicionar estas plantas para que presenten un bo aspecto.
Por outra banda, os participantes plantarán varias flores que son beneficiosas para a zona da horta da Aula da Natureza. Os nenos e nenas traballarán fundamentalmente na plantación de caléndulas.
Para este obradoiro ofértanse un total de 20 prazas. Para realizar as inscricións ou ampliar calquera outra información sobre esta actividade poden poñerse en contacto co Concello de Ames a través do correo electrónico auladanatureza@concellodeames.org e do número de teléfono 660 004 665. As inscricións haberá que realizalas antes das 14:00 horas do vindeiro venres 25 de abril.