[09-12-2014] A Concellaría de Medio Ambiente, a través da Aula da natureza, organizou un obradoiro para traballar con follas secas, que se denomina “Encaixe Natural”, para este sábado 13 de decembro. Esta actividade, que está dirixida aos nenos e nenas a partir dos 5 anos, desenvolverase dende as 11:30 ata as 13:30 horas na sede da Aula da Natureza. Para participar nesta actividade é necesario inscribirse previamente chamando ao número de teléfono 660 004 665 ou enviando un correo electrónico ao enderezo auladanatureza@concellodeames.org. As inscricións haberá que realizalas antes das 14:00 horas do vindeiro venres 12 de decembro.
Aproveitando as últimas semana do outono a coordinadora da Aula da Natureza impartirá este sábado, 13 de decembro, un obradoiro no que os participantes traballarán con follas secas no interior do edificio da Aula da Natureza. Esta actividade está dirixida aos nenos e nenas que teñan a partir de 5 anos e desenvolverase en horario de 11:30 a 13:30 horas.
Antes de impartir o obradoiro a coordinadora da Aula da Natureza encargarase de recoller as follas, prensalas, secalas e metelas en auga con bicarbonato durante un día ou dous. A continuación, os nenos e nenas terán que cocer todas as follas e despois sacarlle as partes da folla que se desprende para deixar só os nervios das devanditas follas. Unha vez feito este traballos os participantes aplicaranlle diferentes acabados aos nervios das follas para obter diferentes adornos que poderán colocar nas postais e árbores de Nadal.
Para este obradoiro ofértanse un total de 20 prazas. Para realizar as inscricións ou ampliar calquera outra información sobre esta actividade poden poñerse en contacto co Concello de Ames a través do correo electrónico auladanatureza@concellodeames.org e do número de teléfono 660 004 665. As inscricións haberá que realizalas antes das 14:00 horas do vindeiro venres 12 de decembro.




