Pestanas principais

Participa no obradoiro de adornos e agasallos de Nadal

Mércores, 28 de decembro de 2011

[28-12-2011] O vindeiro luns, 2 de xaneiro, a Aula da Natureza organiza un obradoiro dirixido a todos os públicos no que tanto os nenos/as coma os adultos aprenderán a fabricar adornos e agasallos de Nadal con materiais que adoitamos ter na casa. Este obradoiro celebrarase en horario de tarde, das 16:30 h ás 19:30 h, nas instalacións da Aula da Natureza, situada na parroquia de Ameixenda. Os/as interesados/as deberán anotarse chamando ao teléfono da Aula da Natureza 660 004 665, á concellaría de Medio Ambiente 981 883 002 marcando a extensión 1312 ou enviando un correo electrónico ao enderezo auladanatureza@concellodeames.org

O obradoiro celebrarase o luns 2 de xaneiro entre as 16:30 h e as 19:30 h nas instalacións da Aula da Natureza, situada na parroquia da Ameixenda, e poderán acudir todos aqueles interesados/as na elaboración de adornos e agasallos de Nadal, sen límite de idade, dende os máis pequechos da casa ata os máis maiores. Os rapaces e rapazas poden acudir sos ou acompañados polos seus pais ou avós.

As persoas interesadas deberán anotarse chamando ao teléfono da Aula da Natureza 660 004 665, á concellaría de Medio Ambiente 981 883 002 marcando a extensión 1312 ou enviando un correo electrónico á Aula da Natureza. auladanatureza@concellodeames.org. O prazo de inscrición remata o luns día 2 de xaneiro ás 14:00 horas. A actividade será totalmente gratuíta.

Os nenos/as e adultos poderán facer adornos e un agasallo de Nadal con pequenas cousas e materiais que adoitamos ter nas nosas casas e que empregamos de xeito cotiá. Neste obradoiro, que comezará as 16:30 horas, os rapaces e rapazas terán a oportunidade de crear un divertido boneco de fariña e bolas de Nadal con diferentes técnicas e materiais (cordas, teas, alfinetes, etc). Os propios cativos poderán traer das súas casas restos destes materiais, contribuíndo deste xeito de maneira máis directa á reciclaxe.

A Aula da Natureza organiza esta actividade co obxectivo de que durante estes días de Nadal os pais e nais, que adoitan ter máis tempo libre, pasen a tarde na compaña do seus fillos/as realizando diferentes actividades de manualidades con materiais que temos a man. Isto pode ser algo moi construtivo que no futuro poderá axudarnos a decorar a nosa casa botando man de recursos que empregamos de xeito cotiá.

Así pois, dende a Aula da Natureza animamos á cidadanía de Ames a participar neste obradoiro e a iniciarse en novas formas de reciclaxe, cada vez máis necesarias se queremos manter a riqueza natural do país.