Pestanas principais

Participa no I Concurso de fotografía móbil

Xoves, 25 de abril de 2013

[25-04-2013] A Aula da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica da Xunta de Galicia, Rede CeMIT, do Concello de Ames convídate a participar no I Concurso de Fotografía Móbil #ddi2013 “A tecnoloxía na miña vida cotiá”. Este concurso, que está organizado pola Asociación de Usuarios de Internet, enmárcase dentro do programa de actos cos que se conmemora o Día Mundial da Internet o vindeiro 17 de maio. Nesta iniciativa poden participar todas as persoas maiores de 14 anos que sexan usuarias dalgunha destas redes sociais: Facebook, Instagram ou Twitter, cuxas obras se adecúen á temática proposta, sexan únicas, propias e orixinais. Repartirase, entre os tres gañadores, material fotográfico valorado en máis de 1.000 euros.

A Asociación de Usuarios de Internet, a través da Aula CeMIT do Concello de Ames, convídate a participar no I Concurso de Fotografía Móbil #ddi2013 “A tecnoloxía na miña vida cotiá”. A través desta iniciativa preténdese potenciar a creatividade e o uso alternativo do móbil cunha fotografía que reflicta como se utilizan as novas tecnoloxías na nosa vida cotiá. O obxectivo deste concurso é promover o fenómeno global da fotografía móbil como vehículo para a expresión artística dando visibilidade ás imaxes presentadas na web, redes sociais e en diferentes espazos físicos.

Neste concurso poden participar todas as persoas maiores de 14 anos que sexan usuarias dalgunha destas redes sociais: Facebook, Instagram ou Twitter, cuxas obras se adecúen á temática proposta, sexan únicas, propias e orixinais. Un xurado composto por profesionais e expertos do mundo da fotografía decidirá os gañadores segundo a creatividade, orixinalidade, expresividade e os votos on-line das obras. Para acceder a algún dos premios é necesario que a foto acumule un mínimo de vinte votos.

O concurso de fotografía esta dotado con tres premios. O primeiro premio está dotado cunha cámara de fotos (cun valor de mercado de 650 euros) e a foto premiada enmarcada. O segundo premio será unha cámara de fotos (valorada en 250 euros) e a foto premida enmarcada. O terceiro premio está dotado cun marco dixital (cun valor de mercado de 150 euros) e a foto enmarcada. As fotos gañadoras e as máis votadas exporanse fisicamente no acto onde se entreguen os Premios de Internet ( www.premiosdeinternet.org ). Ademais, os usuarios máis activos en redes sociais poderán conseguir puntos e con eles invitacións para os actos oficiais do #DDI2013.

As fotografías poden presentarse para o concurso a través da web http://www.diadeinternet.org/2013/?page=foto_ver_votar. Para elo hai que premer no botón "Presentar". A continuación abrirase un formulario que solicita o email, a fotografía e o título da mesma (solicitarase conexión a Facebook). Outra opción é a través de Instagram, compartindo a foto e incluíndo no pé da mesma o título e a etiqueta #ddicfm. A terceira opción é a través de Twitter, compartindo a foto e incluíndo en texto do Tweet o título e a etiqueta #ddicfm Todas as fotografías presentadas terán obrigatoriamente un título. As persoas interesadas en participar neste concurso deben darse présa xa que o prazo para presentar as fotografías remata o vindeiro 30 de abril. Para máis información poden acceder ao enderezo web http://www.diadeinternet.org/2013/?page=participa_fotografia


Contido relacionado


El Correo Gallego: "Concurso de fotografía no móbil en Ames"