Pestanas principais

Participa no concurso de fotografía #SexualizArte

Xoves, 12 de agosto de 2021

A concellaría de Mocidade iniciou o pasado día 26 de xullo o programa [con]sentido cunha ampla programación que abrangue obradoiros de sexualidade, xornadas de Educación Sexual e un videoforum. O prazo de inscrición da I edición do concurso de fotografía #SexualizArte, dirixido a mozas/os de entre 18 e 30 anos, estará aberto ata o 30 de agosto.  Podedes consultar as bases premendo na seguinte ligazón. Para inscribirse hai que enviar a ficha cuberta a concursosexualizarte@gmail.com.

O certame de fotografía busca as mellores fotografías relacionadas coas diferentes realidades e vivencias en torno á sexualidade, facendo fincapé na diversidade de corpos, identidades, orientacións, desexos, expresións, afectos e eróticas.

Este concurso forma parte dun amplo programa impulsado pola concellaría de Mocidade co que se pretende inculcar aos mozos e mozas de Ames unha sexualidade positiva e saudable [con]sentido.

As actividades continuarán o 18 de setembro cunha Xornada de Educación Sexual. Será na Casa da Cultura do Milladoiro entre as 10 e as 14 horas.

O programa [con]sentido prosegue no mes de outubro con cinco obradoiros. Serán o 9, o 23 e o 30 de outubro de mañá e tarde. Ao longo destas tres xornadas as mozas e os mozos participantes traballarán diversas accións coa pretensión de promocionar a igualdade e o libre exercicio dos dereitos sexuais e reprodutivos. Con estas accións abordaranse temáticas relacionadas co sexting, a educación menstrual e a elaboración de compresas de tea, os métodos anticonceptivos, e outros máis prácticos como a elaboración dunha vulva-puff, ou a construción de xoguetería erótica DIY.

O programa [con]sentido vaise clausurar o venres 26 de novembro cun videoforum co gallo do día internacional da eliminación da violencia contra as mulleres. Pódese consultar o programa completo premendo na seguinte ligazón.
Todas as actividades teñen prazas limitadas. Os interesados poderán inscribirse ou obter máis información dez días antes de cada actividade no correo electrónico  con.sentido@agasex.org.

Estes obradoiros enmárcanse dentro das liñas de actividades dos Orzamentos participativos 2020, que dotan cunha partida de gasto de 40.000 euros as actividades das áreas de muller, cultura, mocidade e medio ambiente votadas pola cidadanía amesá.

Novas relacionadas:

El Correo Gallego: "Educación sexual e máis obradoiros para mozos"

Lindeiros: "A concellaría de Mocidade de Ames organiza a primeira edición do concurso de fotografía #SexualizArte dirixido a mozas/os de entre 18 e 30 anos, e aberto ata o 30 de agosto."

concurso de fotografía #SexualizArte

Multimedia

  • concurso de fotografía #SexualizArte