Pestanas principais

Participa na sesión de baile e chocolate para maiores que organiza o Concello de Ames o 22 de decembro

Mércores, 17 de decembro de 2014

[17-12-2014] O pavillón deportivo de Bertamiráns acollerá o luns, 22 de decembro, un baile destinado aos maiores do concello de Ames no que haberá chocolatada e música en directo. Esta actividade comezará ás 18:00 horas e contará coa actuación musical de Miguel Torres e Luís Rey. Para inscribirse nesta actividade hai que chamar ao número de teléfono 662 377 302 ou 981 10 80 90. Esta sesión de baile e chocolatada enmárcase dentro da programación cultural do Nadal 2014.

Esta actividade, que leva por nome Chocolate e baile cos nosos maiores, forma parte da completa programación deseñada polo Concello de Ames para o Nadal 2014, na que hai actividades para todos os públicos. Pensando nos maiores do municipio, o Concello organizou este baile no que, ademais de música en directo, haberá chocolate e rosca para todos.

Este baile organízase co obxectivo de que sexa un espazo de encontro e de lecer no que os veciños e veciñas maiores, e os non tan maiores, ademais de bailar, se relacionen cos amigos e coñecidos. O baile estará amenizado por Miguel Torres e Luís Rey.

Co obxectivo de facilitar a asistencia a este evento, o Concello de Ames porá en marcha un servizo de autobuses para achegarse ata o pavillón de Bertamiráns, que sairán ás 17:30 horas dende as paradas habituais. Para inscribirse nesta actividade hai que chamar ao número de teléfono 662 377 302 ou 981 10 80 90.