Pestanas principais

Participa na primeira andaina de “Camiñando no solpor” que se desenvolverá este xoves no Milladoiro

Mércores, 05 de agosto de 2026

Este xoves, 6 de agosto, desenvolverase a primeira das dúas andainas da actividade “Camiñando no solpor”, enmarcada dentro das propostas de activades deportivas de terapéuticas de verán organizadas pola Concellaría de Deportes e Promoción da Saúde. Esta primeira camiñada desenvolverase no Milladoiro, ás 20.00 horas, e terá unha duración aproximada de dúas horas. O punto de encontro é diante do centro de saúde da localidade. A actividade é gratuíta e non é preciso de inscrición previa.

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Deportes e Promoción da Saúde, organiza a actividade “Camiñando no solpor”, unha serie de dúas andainas que se realizarán os xoves 6 e 20 de agosto no Milladoiro e Bertamiráns. Ambas camiñadas comezarán ás 20.00 horas e terán unha duración aproximada de dúas horas. A primeira desta serie de andainas terá lugar mañá, día 6, no Milladoiro O punto de encontro en ambas localidades é o centro de saúde.  

A concelleira de Deportes e Promoción da Saúde, Susana Señorís, sinalou que “as actividades deportivas achegan beneficios físicos e mentais, sendo a tempada estival unha época especialmente boa para facer deporte”. A edil remarcou que “con “Camiñando no solpor” dámoslle continuidade as andainas saudables que propoñemos ao longo do resto do ano e que tamén ten como punto de encontro os centros de saúde”. 

“Camiñando no solpor” é unha das propostas de actividades deportivas e terapéuticas de verán que organiza o departamento de Deportes para este verán. Ao longo dos meses de xullo e agosto, impartíronse diferentes actividades, todas gratuítas e sen necesidade de inscrición previa: ioga, ioga terapéutico, taichi-chikung e aquagym.  

Polas mañás do mes de xullo impartíronse as actividades de taichi-chikung, do 1 ao 15 de xullo; o ioga terapéutico, que se desenvolveu entre o 17 e o 31 de xullo; e a actividade de ioga realizouse durante os mércores e venres do mes de xullo na piscina descuberta de Bertamiráns, e no Milladoiro os martes e xoves nos xardíns na piscina descuberta da localidade. Por outro lado, nas tardes do mes de xullo impartíronse as sesións de aquagym.

Participa na primeira andaina de “Camiñando no solpor” que se desenvolverá este xoves no Milladoiro

Multimedia

  • Participa na primeira andaina de “Camiñando no solpor” que se desenvolverá este xoves no Milladoiro