Pestanas principais

Participa na consulta pública sobre os Fondos da Unión Europea no ámbito da cohesión

Martes, 27 de febreiro de 2018

[27-02-2018] A unidade de comunicación da Comisión Europea lanzou unha consulta pública sobre a política de cohesión dirixida á cidadanía.

O Concello de Ames, como entidade beneficiaria dos fondos FEDER da Unión Europea, dentro da Estratexia DUSI, publica dita enquisa https://ec.europa.eu/eusurvey/runner/2eec41ff-e859-c4c9-1b47-86c508612517?surveylanguage=ES que está dirixida á veciñanza en xeral para coñecer a súa opinión sobre os fondos da Unión Europea no ámbito da cohesión. Para obter máis información sobre dita consulta pódese premer na seguinte ligazón: https://ec.europa.eu/info/consultations/public-consultation-eu-funds-area-cohesion_es#about-this-consultation. Poderase participar nesta consulta ata o vindeiro 8 de marzo.