Pestanas principais

Participa na andaina saudable que percorre a sexta etapa do camiño de Santiago dende o Barbanza “A Orixe”

Xoves, 19 de outubro de 2023

A Concellaría de Deportes e Promoción da Saúde, dentro do programa de Andainas Saudables, organiza para este mes de outubro un percorrido pola sexta etapa do camiño de Santiago dende o Barbanza “A Orixe”. A ruta realizarase o sábado 28 de outubro. Os participantes camiñarán arredor de 15 quilómetros, partindo dende a igrexa de San Vicente de Cespón, en Boiro, ata a igrexa de Santa María de Leiro, situada en Rianxo. As persoas interesadas en participar poden inscribirse cubrindo este formulario ata o mércores, día 25, ás 14:00 horas. Haberá servizo de autobuses dende a praza do Concello, en Bertamiráns, ás 9:00 horas; e dende a Casa da Cultura do Milladoiro, ás 9:15 horas.

No pasado mes de setembro volveron a organizarse as andainas saudables, que promove a Concellaría de Deportes e Promoción da Saúde, despois dun breve parón durante os meses de xullo e agosto. En setembro realizouse a quinta etapa do Camiño de Santiago dende o Barbanza, que discorre dende o porto de Cabo de Cruz ata a igrexa de San Vicente de Cespón. Agora en outubro organízase a sexta etapa que discorre dende a igrexa de San Vicente de Cespón, en Boiro, ata a igrexa de Santa María de Leiro, situada en Rianxo.

O Camiño de Santiago dende o Barbanza “A Orixe”, dispón dun recorrido de 120 quilómetros que parte dende o Faro de Corrubedo e pasa por diversos lugares da ría de Arousa, atravesando cidades e pobos costeiros como Ribeira, A Pobra do Caramiñal, Boiro e Rianxo ata enlazar co Camiño Portugués ao chegar a Padrón.

Para esta andaina hai 70 prazas dispoñibles. As persoas interesadas en anotarse poden facelo ata o mércores, 25 de outubro, ás 14:00 horas, cubrindo o formulario ao que se pode acceder a través desta ligazón ou mediante o código QR do cartaz.

Ofrécese servizo de autobús dende a praza do Concello de Bertamiráns (ás 9:00 horas) e dende a Casa da Cultura do Milladoiro (ás 9:15 horas). Debido á alta demanda en anteriores andainas, terán prioridade as persoas empadroadas en Ames. Recoméndase levar roupa e calzado axeitados.

Novas relacionadas:

Ames Go: "Convidan a participar na andaina saudable que percorre a sexta etapa do camiño de Santiago dende o Barbanza, A Orixe

Participa na andaina saudable que percorre a sexta etapa do camiño de Santiago dende o Barbanza “A Orixe”

Multimedia

  • Participa na andaina saudable que percorre a sexta etapa do camiño de Santiago dende o Barbanza “A Orixe”