Pestanas principais

Participa este martes, 31 de decembro, nas Prebadaladas 2020 na praza do Concello

Luns, 30 de decembro de 2019

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Promoción Económica, organizou para este martes, 31 de decembro, unha novidosa actividade que se enmarca dentro da programación de Nadal. Tratase das Prebadaladas 2020, que se desenvolverán na praza do Concello, en Bertamiráns, a partir das 11.00 horas. Haberá animación e monólogos da man do actor e humorista, Pepo Suevos, as prebadaladas con uvas de lambetada e arandos, así como degustación gratuíta de chocolate con churros, castañas, algodón de azucre, flocos de millo e roxóns. Tralas prebadaladas actuará a artista Thais Rudiño, veciña de Ames e finalista da cuarta edición do programa televisivo “La Voz”.

Un dos obxectivos da programación de Nadal deste ano é sacar á veciñanza a rúa para participar nas actividades programadas polo Concello de Ames. Así, este martes, 31 de decembro, vaise a desenvolver unha novidosa actividade na praza do Concello, en Bertamiráns. Tratase das Prebadaladas 2020, unha actividade dirixida a todos os públicos que se pretende que teña un ambiente festivo e familiar. A través desta iniciativa vanse a comer as uvas de xeito anticipado, pero serán uvas de lambonada.

As actividades comezarán ás 11.00 horas da man do actor e humorista Pepo Suevos. As 12.00 hora comeranse as 12 uvas para celebrar o aninovo. Aos que non lles gusten as uvas de lambonada poderán comer arandos, doados pola froitaría Tómate Más Fruta de Bertamiráns. Tamén haberá champín para brindar. Ademais, ao longo da mañá haberá degustación gratuíta de chocolate con churros, castañas, algodón de azucre, flocos de millo e roxóns de Casa Abelleira.

Para animar a festa contarase coa actuación da artista amesá, Thais Rudiño, finalista da cuarta edición do programa televisivo “La Voz”. Thais formou parte do grupo Supernatural, co que presentou o seu primeiro álbum editado en dúas edicións; “Nada que fingir” (castelán) e “ Nothing to pretend” (inglés). Actualmente está centrada no seu proxecto en solitario e colabora con algunhas bandas de versións, tanto en formato eléctrico como acústico. Tamén impartiu labor de docente de canto na escola de música “A Casa do Rock”.

A concelleira de Promoción Económica, Ana Belén Paz, dixo “convídamos á veciñanza de Ames a participar nesta actividade festiva para tomar as uvas de fin de ano na praza do Concello de xeito divertido e con moita música. Este ano apostamos por actividades que se desenvolven na rúa coa intención de dinamizar o comercio local. Outra das actividades novas deste ano é o concurso fotográfico de Nadal: Ilumina o teu sorriso, no que se pode participar ata o 7 de xaneiro”.

Novas relacionadas:

El Correo Gallego: "Ames organiza esta mañá as prebadaladas de aninovo"

Compostela 24 horas: "Ames organiza as súas Prebadaladas 2020 con lambetadas e chocolate con churros para os asistentes"

Cartel Prebadaladas 2020

Multimedia

  • Cartel Prebadaladas 2020