[14-08-2014] A parroquia de Biduído celebrará os días 15, 16 e 17 de agosto as festas patronais na honra da Nosa Señora, unha festividade que se organiza cada ano nesta parroquia amiense. Desde o venres ata o domingo, haberá actos relixiosos e tres xornadas de música, baile e diversión. A música correrá a cargo da orquestra Almirantes e dos grupos Nuevo Ritmo e Pentagrama. Tamén actuará o grupo de gaitas Os Castros. Os actos relixiosos serán ás 13:00 horas. Ademais, haberá varias actuación musicais a cargo da charanga NBA e do trío Savoy na parroquia de Trasmonte, para celebrar as súas festas patronais os días 15 e 16 de agosto. Os actos litúrxicos tamén serán ás 13:00 horas.
A fin de semana do 15 de agosto é a máis festiva do ano en toda Galicia, e como non podía ser doutro xeito, en Ames tamén hai varias festas durante estes días. Deste xeito, os veciños e veciñas das parroquias de Biduído e Trasmonte celebran as súas festas patronais. Os días 15, 16 e 17 de agosto celébranse na parroquia de Biduído as festas na honra á Nosa Señora, festividade que se organiza cada ano nesta parroquia amiense.
O venres 15 de agosto, día no que se celebra a festividade da Nosa Señora, a festa comezará co disparo das correspondentes bombas de palenque e cos pasarrúas que correrán a cargo do grupo de gaitas dos Castros. De seguido, ás 13:00 horas celebrase unha misa solemne. Tralos actos relixiosos realizarase a sesión vermú, que estará amenizada polo grupo Nuevo Ritmo, que tamén actuará pola noite na verbena.
O sábado, 16 de agosto, está previsto que haxa unha misa solemne ás 13:00 horas na honra de San Roque. Tralos actos relixiosos realizarase a sesión vermú a cargo do grupo Pentagrama. Á noite haberá verbena coa actuación deste mesmo grupo.
O último día das festas será o domingo, 17 de agosto. Nesta xornada celebrarase o día do Sacramento. O primeiro acto do día será unha misa solemne que se celebrará ás 13:00 horas. A continuación desenvolverase a sesión vermú na que actuará a orquestra Almirantes. As festas de Biduído rematan pola noite cunha gran verbena a cargo da orquestra Almirantes.
Festas na parroquia de Trasmonte
A parroquia amiense de Trasmonte tamén estará de festa o venres e o sábado na honra á Nosa Señora e ao Sacramento. Nas dúas xornadas, celebrarase ás 13:00 horas unha misa solemne, e tanto o venres 15 como o sábado 16, a sesión vermú e a verbena correrán a cargo do trío Savoy e da charanga NBA, respectivamente.
Contido relacionado
La Voz de Galicia: "Biduído y Trasmonte, de celebración"
La Voz de Galicia: "Doble cita festiva en Ames"