[28-07-2018] Este domingo, 29 de xullo, celebrarase, ás 12.00 horas, na igrexa de San Xosé do Milladoiro unha eucaristía acompañada pola Coral Saint Luc Banabakntu, de Costa de Marfil, e un festival sobre música e danzas de Costa de Marfil co obxectivo de recadar fondos para levar a cabo proxectos de cooperación no país africano.

A parroquia de San Xosé de Milladoiro, en colaboración coa ONG mazaricá Egueire, organiza para este domingo, 29 de xullo, ás 12.00 horas, unha eucaristía que será acompañada pola Coral Saint Luc Banabakntu, co obxectivo de achegar a cultura de Costa de Marfil aos asistentes ao tempo que pretende mostrar acollida e solidariedade co pobo africano. Ao remate da misa, terá lugar un festival no que os protagonistas serán a música e a danza propias de Costa de Marfil.
Do mesmo xeito, tamén se poderá desfrutar ata o 4 de agosto da exposición “Miradas de Marfil”, na que se exhiben unha serie de fotografías do prestixioso fotógrafo Marcos Rodríguez. A través desta exposición, que se poderá desfrutar de martes a sábado en horario de 11.00 a 13.00 horas polas mañás e de 18.00 a 20.00 horas polas tardes, preténdese mostrar a realidade do pobo marfileño.
Todas as fotografías expostas poden ser adquiridas en formato lámina, mentres que os fondos recadados, tanto con estas ventas como co recollido durante a eucaristía do domingo, serán destinados a financiar proxectos levados a cabo pola ONG Egueire, centrados na cooperación para o desenrolo de África.
Marcos Rodríguez, fotógrafo carballés afincado en Cee, revalidou por segundo ano consecutivo o título de “Golden Camera of the year”, outorgado pola Federación de Fotógrafos Profesionais de Europa, nun acto celebrado en Irlanda o 25 de marzo.




