Pestanas principais

A parroquia de Piñeiro celebra as súas festas patronais os días 22, 23 e 24 de agosto

Venres, 21 de agosto de 2015

[21-08-2015] Os veciños e veciñas da parroquia de Piñeiro celebran as súas festas patronais durante o sábado 22, o domingo 23 e o luns 24 de agosto. Durante estes tres días haberá varios actos litúrxicos na honra da Virxe do Carme, O Sacramento e A Sagrada Familia. Tamén haberá sesión vermú a cargo do trío Savoy, a orquestra Bahía Blanca e o trío Unión y Fuerza. Ademais, o sábado, ás 18:30 horas, disputarse o tradicional partido de fútbol entre solteiros e casados.

Durante os días 22, 23 e 24 de agosto celébranse na parroquia de Piñeiro as festas na honra da Virxe do Carme, O Sacramento e A Sagrada Familia, unha festividade que se organiza cada ano nesta parroquia amesá.

Deste xeito, o sábado 22 de agosto, celebrarase unha misa ás 13:30 horas. De seguido, haberá sesión vermú a cargo do trío Savoy, que volverá actuar a partir das 23:00 horas na verbena. Ademais, o sábado, ás 18:30 horas, disputarse o tradicional partido de fútbol entre solteiros e casados.

O día seguinte, o domingo 23, será o día grande destas festas. Haberá actos litúrxicos ás 13:00 horas, e a continuación, celebrarase a sesión vermú a cargo da orquestra Bahía Blanca, que repetirá ás 23:00 horas na verbena.

O último día, o luns 24 de agosto, será un día de festa dirixido aos veciños/as da parroquia. Volverá haber unha misa cantada ás 13:30 horas. Tralos actos litúrxicos celebrase a sesión vermú a cargo do trío Unión y Fuerza, e pola noite, volverá actuar na verbena coa que se porá o punto e final as festas deste ano.