Pestanas principais

A parroquia de Bugallido celebra as festas na honra de san Isidro

Xoves, 16 de maio de 2013

[16-05-2013] Os veciños e veciñas da parroquia amiense de Bugallido celebran este domingo, 19 de maio, as festas na honra de san Isidro. Con motivo desta festividade, organizouse a III Carreira Pedestre e dous campionatos: un de chave e outro de fútbol. Ás 12:30 horas haberá unha unha misa cantada e a partir das 14:00 horas desenvolverase a X Degustación de callos. Tamén haberá reparto de empanada e viño. Pola tarde, disputarse a final do campionato de fútbol e a partir das 18:00 horas celebrarase un Certame de baile rexional coa actuación do grupo Os Castros. Estas festas están organizadas pola Asociación Cultural A Maía de San Pedro de Bugallido, en colaboración co Concello de Ames.

Este domingo, 19 de maio, celebrarase a festa na honra de san Isidro. Para celebrar esta festividade organizáronse varios eventos deportivos, gastronómicos e musicais. Ás 10:00 h comezará a III Carreira Pedestre. Todas as persoas que desexen participar nesta carreira deberán inscribirse antes do sábado, 18 de maio, ás 13:00 horas. Para iso teñen que chamar aos números de teléfonos 660 576 451, 653 534 687 ou 680 189 021. As inscricións tamén poden realizarase nas oficinas da Concellería de Deportes, situadas no Pazo da Peregrina, en Bertamiráns.

Haberá varías categorías tendo en conta a idade dos participantes. Así, os nenos e nenas nacidos no ano 2002 ou posteriormente terán que tomar a saída ás 10:45 horas e a súa proba consistirá nunha carreira de 400 metros polo campo da festa. Ás 11:00 horas sairán os rapaces e rapazas nacidos entre os anos 1999 e 2001, que darán unha volta arredor do circuíto do monte. A mesma distancia percorrerana os participantes nacidos entre os anos 1996 e 1998. Por último, as persoas nacidas no ano 1995 ou antes sairán ás 11:30 horas e darán dúas voltas arredor do circuíto do monte. Haberá trofeos para o primeiro e segundo posto.

Campionatos de chave e de fútbol
A partir das 11:00 horas comezarán os campionatos de chave e de fútbol. Dende a Asociación Cultural A Maía de San Pedro de Bugallido preténdese estimular con este tipo de torneos a práctica do xogo da chave, xa que se atopa nunha situación de esquecemento debido a falta de coñecemento por parte da mocidade. Ao mesmo tempo que se realiza o campionato de chave desenvolverase outro campionato, pero neste caso de fútbol dirixido aos nenos e nenas. Este torneo desenvolverase na pista polideportiva que se atopa ao carón do campo da festa de Bugallido.

Os actos relixiosos comezarán ás 12:30 horas cunha misa cantada na que actuará a Coral Polifónica de Bugallido. Trala misa cantada realizarase a correspondente procesión na que actuarán os membros da Asociación Cultural Os Castros. A partir das 14:00 horas desenvolverase a X Degustación de callos. Tamén haberá reparto de empanada e viño. Ademais, instalarase un polbaría para todos aqueles que opten por degustar este saboroso manxar galego.

A comida estará amenizada polos membros da Asociación Cultural Os Castros e da Asociación Cultural Follas Novas. Xa pola tarde, disputárase a final do campionato de fútbol de nenos/as. Ás 18:00 horas, haberá un Certame de Baile rexional no que participarán todos os grupos da Asociación Cultural Os Castros. Estas festas están organizadas pola Asociación Cultural A Maía de San Pedro de Bugallido, en colaboración co Concello de Ames.

Este domingo 19 de maio, ás 19:30 horas, tamén haberá unha misa cantada na igrexa parroquial de Barouta na honra de san Amaro.

Contido relacionado


El Correo Gallego: "A parroquia de Bugallido celebra as festas na honra de san Isidro"