Pestanas principais

A parroquia de Bugallido celebra esta fin de semana as festas na honra de San Pedro

Venres, 28 de xuño de 2013

[28-06-2013] A parroquia amiense de Bugallido celebra durante esta fin de semana as festas na honra de San Pedro. Este venres, 28 de xuño, haberá verbena a cargo das orquestras Atenas e Panorama. O sábado actuarán os membros do grupo de gaitas da Asociación Cultural Os Castros e as orquestras Chanel e Salsa Rosa. O domingo celebrase o día do Sacramento. Haberá misa os tres días ás 13:00 horas. A misa do domingo será cantada pola Coral de Bugallido. Ademais, o domingo a sesión vermú correrá a cargo da orquestra Xente Nova e do grupo de música tradicional Faíscas.

Xa estamos no verán e maior parte das parroquias amienses celebran durante estes meses as súas festas patronais. Nesta ocasión tócalle a quenda aos veciños e veciñas da parroquia de Bugallido. Os actos festivos comezan este venres, 28 de xuño, cunha verbena a cargo das orquestras Panorama e Atenas. Antes, ao mediodía, haberá misa ás 13:00 horas na honra de San Antonio e sesión vermú a cargo da orquestra Atenas.

O sábado, 29 de xuño, celebrarase a festa na honra de San Pedro. Ás 13:00 horas haberá unha misa e a continuación realizarase a correspondente procesión. A sesión vermú estará amenizada polo grupo de gaitas da Asociación Cultural Os Castros e pola orquestra Salsa Rosa. Xa pola noite a verbena estará amenizada pola orquestra Chanel e Salsa Rosa.

O último día das festas será o domingo, 30 de xuño. Neste caso celebrarase o día do Sacramento. Os actos relixiosos comezarán ás 13:00 horas cunha misa cantada pola Coral de Bugallido. Tralos actos relixiosos haberá sesión vermú que correrá a cargo da orquestra Xente Nova e do grupo de música tradicional Faíscas.