Pestanas principais

A parroquia de Biduído celebra esta fin de semana as festas na honra da Virxe do Maio

Venres, 30 de maio de 2014

[30-05-2014] Un ano máis chega a Primavera e os veciños e veciñas da parroquia de Biduído celebran as festas na honra da Virxe do Maio. As celebracións comezan este venres, 30 de maio, cunha verbena amenizada por Alcalá Discotecas Móbiles co DJ Hermix e a orquestra Los Españoles. O sábado, 31 de maio, a verbena correrá a cargo do grupo Alabama Show e da orquestra Ritmo Joven. O domingo 1 de xuño, ás 13:00 horas, celebrarase unha misa solemne na igrexa parroquial. A sesión vermú correrá a cargo da charanga Os Atrevidos.

Os días 30 e 31 de maio e o 1 de xuño celébranse na parroquia de Biduído as festas na honra á Virxe do Maio, unha festividade que se organiza cada ano nesta localidade amiense. Serán unhas festas onde haberá música para bailar e divertirse, así como actos relixiosos.

As festas comezan este venres 30 de maio, ás 22:30 horas, cunha gran verbena que estará amenizada por Alcalá Discotecas Móbiles co DJ Hermix e pola orquestra Los Españoles.

As celebracións na honra á Virxe do Maio de Biduído continuarán o sábado 31 de maio. Nesta xornada a verbena tamén comezará ás 22:30 horas. Nesta ocasión a música correrá a cargo do grupo Alabama Show e da orquestra Ritmo Joven.

Para pechar as festas o domingo, 1 de xuño, haberá unha misa solemne, que comezará ás 13:00 horas. Tralos actos relixiosos, a festa continuará cunha sesión vermú que estará amenizada pola charanga Os Atrevidos.