Pestanas principais

A parroquia da Ameixenda celebra as súas festas patronais os días 29, 30 e 31 de agosto

Xoves, 28 de agosto de 2014

[28-08-2014] A parroquia amiense da Ameixenda celebra os días 29, 30 e 31 de agosto as festas na honra da súa patroa santa Mariña. Moito divertimento e música para unha festividade onde os veciños e veciñas poderán gozar do espectáculo das orquestras e grupos Fania Blanco Show, Unión y Fuerza, Midas, Alborada e Channel. Haberá misa solemne os tres días, ás 13:00 horas. Ademais, para o sábado organizouse un partido de fútbol entre os solteiros e os casados da parroquia, e o domingo, os nenos/as poderán xogar nos inchables que serán gratis.


O venres, 29 de agosto, comezará a festa na honra da virxe das Dores e de santa Mariña, patroa desta parroquia amiense. Os actos relixiosos comezarán ás 10:00 horas coa misa rezada e posteriormente ás 13:00 h realizarase a misa solemne na honra de santa Mariña e da virxe das Dores. Tralos actos relixiosos o trío Unión y Fuerza amenizará a sesión vermú. Pola noite, a gran verbena será a encargada de entreter aos asistentes, responsabilidade que correrá a cargo da orquestra Fania Blanco Show e do trío Unión y Fuerza.

O sábado 30 os actos relixiosos celebraranse á mesma hora, pero esta vez estarán adicados ao Santísimo Sacramento. A misa solemne celebrarase ás 13:00 horas. A sesión vermú estará amenizada polo grupo Midas. Xa pola noite, a verbena correrá a cargo da orquestra Alborada e do grupo Midas. O sábado despois do xantar, ás 18:00 horas, xogarase un partido de fútbol entre os solteiros e os casados da parroquia.

O último día das festas, o domingo 31 de agosto, as celebracións relixiosas estarán dirixidas a honrar a virxe do Rosario cunha misa rezada ás 10:00 h e outra misa solemne ás 13:00 horas. A sesión vermú e a verbena da noite estarán amenizadas pola orquestra Channel. Ademais, o domingo pola tarde, á partir das 17:00 horas, os nenos/as poderán xogar nos inchables que serán gratis.

Contido relacionado


La Voz de Galicia: "Cinco orquestas participarán en las fiestas de Santa Mariña de Ameixenda"