- Tematica
O Concello de Ames e mailo club Tapia Sociedade Deportiva chegaron a un acordo para a cesión de uso temporal da parcela do antigo campo de fútbol de Tapia. Blas García, alcalde de Ames, e José María Domínguez, en representación do club Tapia Sociedade Deportiva, asinaron o convenio a través do cal se vai acondicionar dita parcela co obxectivo de realizar nela actividades de lecer e tempo libre. Tamén será destinada a dar servizo a usuarios/as e actividades que se realicen na praia fluvial de Tapia.
O Concello de Ames continúa a senda iniciada xa hai uns anos de rexenerar e darlle un novo uso ás parcelas que albergaban distintos campos de fútbol nas parroquias amesás. Estes traballos comezaron no antigo campo de fútbol do Biduído que foi adaptado como campo de lanzamento homologado para a práctica do atletismo. Esta actuación uniuse ás obras de rexeneración do campo de fútbol de Ortoño, onde se construíu unha pista de patinaxe e unha explanada para eventos.
Agora continuarase coa rexeneración da parcela do antigo campo de fútbol de Tapia. Para elo, Blas García, alcalde de Ames, e José María Domínguez, en representación do club Tapia Sociedade Deportiva, asinaron un convenio para a cesión de dita parcela co obxectivo de realizar nela actividades de lecer e tempo libre. Tamén será destinada a dar servizo a usuarios/as e actividades que se realicen na praia fluvial de Tapia.
O alcalde de Ames, Blas García, explica que “estase a traballar no acondicionamento dos antigos campos de fútbol que están en estado de abandono. Deste xeito aproveitamos antigos espazos deportivos, que estaban en estado de desuso, como poden ser os campos de Ortoño e Biduído, e agora pretendemos acondicionar o antigo campo de fútbol de Tapia. O obxectivo é facer un aproveitamento de instalacións en desuso para darlle unha nova vida e novas utilidades”.
Dita parcela estivo destinada a uso de campo de fútbol, pero que desde hai anos non se realiza na mesma ningún tipo de actividade vinculada co destino inicial nin ningunha actividade doutro tipo, polo que se atopa en estado de abandono pola citada falta de actividade. Ademais, ao seu carón atópase un espazo municipal destinado tamén á práctica deportiva en estado de abandono, ambas próximas á praia fluvial de Tapia.
Deste xeito, o Concello está interesado en acondicionar a parcela para destinala a usos municipais vinculados a servizos da praia fluvial de Tapia, así como crear unha zona de ocio infantil e xuvenil. A duración do convenio é de 15 anos, podendo prorrogalo por 10 anos máis se ambas partes están de acordo.
Novas relacionadas:
El Correo Gallego: "Ames acondicionará o campo de Tapia para actos de lecer"
Diario de Santiago: "A parcela do antigo campo de fútbol de Tapia acondicionarase para acoller actividades de lecer e tempo libre"






