Pestanas principais

Pablo Soto gaña o Gran Premio Concello de Ames-Dagan Cup Supercross 2015

Luns, 08 de xuño de 2015

[08-06-2015] O Motoclub Ameixenda, en colaboración co Concello de Ames, a Deputación da Coruña, o corpo de Protección Civil do Concello de Santiago e o salón de beleza Paula de Bertamiráns, organizou este domingo, 7 de xuño, a proba de supercross “Gran Premio Concello de Ames-Dagan Cup Supercross 2015”, que se desenvolveu no circuíto SX “Alex de Moure”. Nesta proba participaron arredor de 70 pilotos de supercross de toda Galicia. O alcalde en funcións de Ames, Santiago Amor, e a concelleira en funcións de Deportes, Ana Ruso, foron os encargados de entregarlles os premios aos ganadores.

Por outra banda, na categoría hobby impúxose Cristian Tubío, seguido de Raúl Villar e Jesús Salomón. En promesas gañou José Canosa. A continuación entrou Samuel Vázquez. E pechou o podio Toño Sampedro. Por último, na categoría alevín o gañador foi Nicolás Soutullo. Acompañárono no podo Hugo Amado e Héctor Vidal.

O alcalde en funcións de Ames, Santiago Amor, e a concelleira en funcións de Deportes, Ana Ruso, foron os encargados de facer entrega dos trofeos aos tres primeiros clasificados de cada categoría. Esta foi a cuarta proba da temporada que puntúa para a Dagan Cup, que está composta de nove probas, das cales dúas desenvólvense en Ames.

A proba comezou as 9:00 horas coas verificacións técnicas e administrativas, continuando cos adestramentos libres o longo de toda a mañá, onde os pilotos tomaron contacto co novo circuíto. Despois de xantar, ás 16:30 horas, comezaron as diversas carreiras por categorías. Houbo dúas mangas por categoría polo que se puideron ver un total de 12 carreiras. Os participantes estiveron divididos en seis categorías diferentes: elite, veteranos, promoción, hobby, promesas e alevín.

Na categoría elite gañou Pablo Soto, mentres que na segunda posición quedou Juan Manuel Outón. O terceiro posto foi para Francisco Vilaboa. Na categoría de veteranos gañou Tony Karra Martínez. O segundo posto foi para Samuel de Santiago. Na terceira posición quedou Mauro Luna. O piloto amesá e presidente do Motoclub Ameixenda, José Manuel Moure, quedou na sexta posición. Na categoría de promoción o gañador foi Aleixo Romeiro, a segunda posición foi para Jesús Seijo, e terceiro quedou Serafín Lema.



Contido relacionado


La Voz de Galicia: "Pablo Soto se lleva el Gran Premio Concello de Ames"
El Correo Gallego: "Pablo Soto se alzó con la Dagan Cup Supercross de Ames"