Pestanas principais

A OTC Ames e a Comunidade Enerxética “Ames Solar” continúan co seu percorrido informativo polas parroquias de Trasmonte, Lens e Agrón

Luns, 18 de agosto de 2025

A Oficina de Transformación Comunitaria de Ames celebrou o pasado 13 de agosto unha nova charla informativa no Local social de Trasmonte, dando continuidade ao seu traballo de proximidade territorial e achegando as comunidades enerxéticas á veciñanza amesá. Ames é un dos concellos galegos que apostan por este modelo enerxético participativo, tras experiencias exitosas como as de Xermade, Ponte Caldelas ou a Illa de Arousa, onde as comunidades enerxéticas xa están a xerar importantes beneficios económicos e ambientais para os seus participantes. 

A xornada contou coa asistencia de 27 persoas pertencentes a Trasmonte, Lens e Agrón. Asemade participaron membros da xunta directiva da asociación CE Ames Solar, o técnico local da Axenda Urbana do Concello de Ames, e Paula Vila Periscal, da OTC Ames. Durante o encontro presentouse tanto a propia Oficina de Transformación Comunitaria de Ames como as comunidades enerxéticas e, en particular, a Comunidade Enerxética Ames Solar.

A entidade Comunidade Enerxética Ames Solar é unha asociación sen ánimo de lucro que fomenta a produción e consumo compartido de enerxía, a través principalmente de proxectos de instalación solar fotovoltaica no concello de Ames. Dita asociación está constituída por 42 socios/as e unha xunta directiva moi diversa con membros de Trasmonte, Ames, Biduído e Tapia, entre outras parroquias, e na que participa o Concello de Ames como un socio máis. Ademais, dentro da asociación hai membros de practicamente todas as parroquias de Ames.

Gran participación e interese veciñal
O Local social de Trasmonte converteuse nun espazo de diálogo e intercambio onde os veciños e veciñas mostraron gran interese polas posibilidades que ofrecen as comunidades enerxéticas. A charla xerou unha activa participación do público, especialmente cando se abordaron os posibles futuros proxectos que podería desenvolver a CE Ames Solar na zona.

Os asistentes puideron coñecer de primeira man as vantaxes de formar parte dunha comunidade enerxética e como este modelo contribúe tanto ao aforro económico como á sustentabilidade ambiental do municipio.

Achegando a transformación enerxética a todos os núcleos
Esta charla forma parte da estratexia de proximidade da OTC Ames para achegar as iniciativas de transformación comunitaria a todas as parroquias do municipio. A Comunidade Enerxética Ames Solar representa unha oportunidade real para que a cidadanía participe activamente na transición cara un modelo enerxético máis sustentable e democrático.

Durante o encontro recolléronse as inquietudes, propostas e necesidades específica das parroquias, información que será clave para o deseño das futuras iniciativas adaptadas ás características do territorio.

Continuando co traballo territorial
A OTC Ames continúa co seu compromiso de chegar a todos os recunchos do municipio, garantindo que ningún veciño ou veciña quede ao marxe dos procesos participativos. Esta charla en Trasmonte suma unha nova parada no percorrido territorial que xa levou a oficina por outras parroquias como por exemplo Biduído, Ortoño e Bugallido.

A experiencia veciñal é fundamental para a OTC Ames. A veciñanza e PEMES interesadas en participar nos procesos de transformación comunitaria poden contactar coa oficina a través das diferentes canles que se poden atopar no apartado contacto da páxina web da Oficina de Transformación Comunitaria. As novidades da OTC Ames tamén se poden seguir a través desta mesma páxina web.

Novas relacionadas:

La  Voz de Galicia: "Informan en Trasmonte sobre el modelo de comunidades energéticas"

El Correo Gallego: "Ames reafirma su apuesta por los modelos energéticos participativos"

Diario de Santiago: "A OTC Ames e a Comunidade Enerxética “Ames Solar” continúan co seu percorrido informativo polas parroquias de Trasmonte, Lens e Agrón"

A OTC Ames e a Comunidade Enerxética “Ames Solar” continúan co seu percorrido informativo polas parroquias de Trasmonte, Lens e Agrón

Multimedia

  • A OTC Ames e a Comunidade Enerxética “Ames Solar” continúan co seu percorrido informativo polas parroquias de Trasmonte, Lens e Agrón
  • A OTC Ames e a Comunidade Enerxética “Ames Solar” continúan co seu percorrido informativo polas parroquias de Trasmonte, Lens e Agrón
  • A OTC Ames e a Comunidade Enerxética “Ames Solar” continúan co seu percorrido informativo polas parroquias de Trasmonte, Lens e Agrón