- Tematica
Esta pasada fin de semana o Club de Atletismo Millaraio tivo actividade en tres frontes distintas: a final galega de campo a través, do programa Xogade de categorías escolares en Portas (Pontevedra), o campionato galego de lanzamentos longos na categoría sub20-23, en Pontevedra, e o campionato nacional de marcha por Federacións en Torrevieja.
O sábado, 15 de febreiro, pola mañá, Mateo Dagnac proclamouse subcampión galego de campo a través na categoría sub12, mentres que a atleta sub16, Valeria Batire Guridi, foi décimo quinta na categoría sub16.
O mesmo sábado pola tarde, no campionato de Galicia de lanzamentos longos sub20-23 e absoluto celebrado no Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra, Torcuato Labella foi prata en lanzamento de xavelina Sub20, e bronce en martillo Sub20, e Antón Nogueira prata en lanzamento de disco Sub20.
Finalmente, o domingo 16 de febreiro, pola mañá, a marchadora Salomé Segade formou parte da selección galega sub16, que se proclamou subcampioa no XXXIV Campionato Nacional de Marcha por Federacións celebrado en Torrevieja (Alicante).
Novas relacionadas:
Compostela 24 horas: "O Club de Atletismo Millaraio acumula medallas"