Pestanas principais

Os versos e as poesías asolagaron a Praia Fluvial de Tapia

Venres, 13 de agosto de 2021

Os Seráns de Tapia volveron ao seu espazo natural e engaiolaron ao público cunha sesión de poesía escénica. A segunda sesión do mes de agosto completou o aforo, como xa vén sendo habitual. A contorna das ribeiras do Tambre brillou cos versos, as poesías e a música de Lúa Mosquetera, Pompa e Boato, Nuria Vil e Sheila Patricia.

“Poesía escénica no Tambre” esa foi a sétima proposta dos “Seráns de Tapia”, un programa organizado pola Concellaría de Cultura, coordinado polas Bibliotecas Municipais, e en colaboración coa Concellaría de Mocidade e Normalización Lingüística e que cada xoves achega un novo espectáculo á veciñanza amesá.

A sesión comezou da man de Lúa Mosquetera, unha moza de Miño, que sorprendeu aos asistentes cos seus poemas feministas e coas súas ideas sobre o inconformismo. Tapia converteuse no mellor escenario para dar a coñecer os poemas do seu último libro “Aunque seas rara y seas pájaro”.

A continuación chegou a quenda de Pomba&Boato, un artista multidisciplinar que chegou dende Mos para engaiolar ao público amesán.

Nuria Vil subiuse ao escenario para marabillar ao público coa súa forma de contar. A viguesa cunha palabra falada e unha poesía escénica encheu a Praia Fluvial de Tapia cos seus poemas.

Para rematar subiuse ao escenario a artista Sheila Patricia, unha cantautora amante da palabra e da poesía. Cun estilo que se move entre o folk galego, os boleros, o jazz e ata o fado despediu unha tarde máxica nun lugar máxico.

Os Seráns de Tapia volven o xoves 19 de agosto con Tátara Trío. Podedes consultar a programación completa premendo nesta ligazón.

Novas relacionadas:

La Voz de Galicia: "La poesía refrescó una tarde sofocante en Ames"

“Poesía escénica no Tambre” foi a sétima proposta dos “Seráns de Tapia”

Multimedia

  • “Poesía escénica no Tambre” foi a sétima proposta dos “Seráns de Tapia”