[18-07-2014] A parroquia amiense de Bugallido celebra durante este domingo, 20 de xullo, as festas na honra da Virxe do Carme. Aínda que esta celebración foi o pasado 16 de xullo, na parroquia de Bugallido celebran esta festa o primeiro domingo despois do día do Carme. A sesión vermú estará amenizada pola orquestra Ciudad Cristal, mentres que para a verbena da noite contarase coa actuación da orquestra Poceiro. Haberá misa ás 10:00 h e ás 13:00 horas.
Durante o verán a maior parte das parroquias amienses celebran as súas festas patronais. Nesta ocasión os veciños e veciñas da parroquia de Bugallido celebran as festas na honra da Virxe do Carme. Os actos festivos desenvolveranse este domingo, 20 de xullo.
A celebración comezará ao mediodía coa sesión vermú, que estará amenizada pola orquestra Ciudad Cristal. Á noite a verbena correrá a cargo da orquestra Poceiro. Haberá actos litúrxicos ás 10:00 h e ás 13:00 horas na honra da Virxe do Carme. Ademais, varios rapaces e rapazas desta parroquia celebrarán este domingo a súa primeira comuñón.




