[16-08-2012] A parroquia de Piñeiro acollerá esta fin de semana unha gran celebración con motivo das súas festas patronais. As orquestras D Cine e Verano Azul serán as encargadas de poñer o ritmo nestes tres días de festa, sábado, domingo e luns, nos que se honrará á virxe do Carme, ao Sagrado Sacramento, a San Roque e a Sagrada Familia. Unhas festas onde haberá música para bailar e divertirse, así como varios actos relixiosos.
Ao mesmo tempo que rematan as celebracións en Biduído, as festas no municipio de Ames seguen coas patronais de Piñeiro. Os actos festivos comezarán o sábado, 18 de agosto, coa celebración da misa solemne ás 13:00 horas. Na sesión vermú tocará a D'Cine que repetirá na verbena.
O domingo 19 a festa irá na honra do Sagrado Sacramento, que terá a súa misa solemne cantada polo coro de Piñeiro ás 13:30 horas do mediodía. A sesión vermú e a verbena será amenizada pola orquestra Verano Azul. As festas de Piñeiro chegarán ao seu fin o luns, 20 de agosto, coa celebración dunha misa ás 13:00 horas, que tamén será cantada polo coro de Piñeiro.
Contido relacionado

El Correo Gallego: "Biduido cierra hoy sus fiestas con Los Españoles y Piñeiro ultima sus verbenas"




