Pestanas principais

Os veciños e veciñas de Biduído celebran esta fin de semana as festas na honra á Virxe do Maio

Venres, 10 de maio de 2013

[10-05-2013] Un ano máis chega a Primavera e os veciños e veciñas da parroquia de Biduído celebran as festas na honra da Virxe do Maio. As celebracións comezan o sábado, 11 de maio, cunha verbena na que actuarán o grupo Kamelot e a orquestra Los Satélites. O domingo, ás 13:00 horas, celebrarase unha misa solemne na igrexa parroquial. A sesión vermú e a verbena da noite correrá a cargo do grupo Ilusión.

Os días 11 e 12 de maio celébranse na parroquia de Biduído as festas na honra á Virxe do Maio, unha festividade que se organiza cada ano nesta localidade amiense. Serán unhas festas onde haberá música para bailar e divertirse, así como actos relixiosos.

Na xornada de mañá, sábado 11 de maio, a festa comezará ás 22:30 horas cunha gran verbena que estará amenizada por dúas grandes agrupacións musicais. En primeiro lugar, actuará o grupo Kamelot e despois será a quenda da orquestra Los Satélites.

As celebracións na honra á Virxe do Maio de Biduído continuarán o domingo, 12 de maio, cunha misa solemne, que comezará ás 13:00 horas. Tras os actos relixiosos, a festa continuará cunha sesión vermú e verbena que estará amenizada polo grupo Ilusión.