Pestanas principais

Os veciños de Biduído celebran esta fin de semana as festas na honra á Virxe do Maio

Venres, 18 de maio de 2012

[18-05-2012] As celebracións comezan mañá cunha verbena na que actuarán as orquestras Superfama e Verano Azul. O domingo, ás 13,00 horas, celebrarase unha misa solemne e sesión vermú coa orquestra Grupo D Cine.

Os días 19 e 20 de maio celebranse na parroquia de Biduído as festas na honra á Virxe do Maio, unha festividade que se organiza cada ano nesta localidade amiense. Serán unhas festas onde haberá música para bailar e divertirse, así como actos relixiosos.

Na xornada de mañá, sábado 19 de maio, a festa comezará ás 22,30 horas cunha gran verbena que estará amenizada por dúas grandes orquestras. En primeiro lugar, actuará Superfama e despois será a quenda da orquestra Verano Azul.

As celebracións na honra á Virxe do Maio de Biduído continuarán o domingo cunha misa solemne, que comezará ás 13,00 horas. Tras os actos relixiosos, a festa continuará cunha sesión vermú e verbena que estará amenizada pola Orquestra Grupo D'Cine.


Contido relacionado


El Correo Gallego: "Los vecinos de Biduido celebran desde hoy los festejos de la Virxe do Maio"