Pestanas principais

Os veciños de Ames poderán beneficiarse de descontos no próximo partido do Obradoiro CAB grazas ao proxecto "Cidades Amigas"

Xoves, 30 de xaneiro de 2014

[30-01-2014] Os veciños e veciñas de Ames poderán beneficiarse dos descontos que se ofrecen a través do proxecto "Cidades Amigas", posto en marcha esta temporada polo Obradoiro CAB. Esta iniciativa permitiralle a todos os amienses, que estean interesados en gozar do baloncesto ao máis alto nivel, acudir ao partido ante o Iberostar Canarias (domingo, 2 de febreiro, ás 12.00 horas) a un prezo especial de 9 euros.

Para acollerse a esta promoción, os veciños e veciñas amienses, só deberán presentar o seu DNI ou calquera documento oficial que verifique a súa residencia en Ames á hora de adquirir a súa entrada tanto en venda anticipada (nas oficinas do club de luns a venres en horario de 10.00 a 14.00 horas, ou na Tenda Oficial "Miudiño Store" na Área Central local Blusens, de mércores a sábado de 17.00 a 22.00 horas) como na billeteira do pavillón o mesmo día do partido.

O proxecto "Cidades Amigas" pretende involucrar a todas as localidades galegas no seu desenvolvemento, fomento e popularización do baloncesto co obxectivo de que sega medrando. Esta iniciativa que pretende dinamizar a identificación dos afeccionados co Rio Natura Monbus e coa práctica do baloncesto terá lugar este domingo, 2 de febreiro, no partido que dispute o Obradoiro CAB ante o Iberostar Tenerife. Este proxecto xa permitiu que os amienses puideran asistir con prezos especiais ao encontro disputado o pasado domingo ante o Bilbao Basket.

Esta iniciativa que comezou no mes de novembro, levarase a cabo durante toda a tempada e en cada partido que o conxunto obradoirista dispute no Fontes do Sar. Nesta ocasión a veciñanza do concello de Ames poderá beneficiarse destes descontos. Por tan só 9 euros poderán ver o partido desta fin de semana no pavillón multiusos Fontes so Sar co que se dá inicio a segunda volta da fase regular da ACB.


Contido relacionado


El Correo Gallego: "Los vecinos de Ames podrán beneficiarse de descuentos en el próximo partido de Obradoiro"