[11-08-2014] Durante as últimas semanas o Concello de Ames está desenvolvendo varios cursos que se enmarcan dentro do plan de formación das hortas urbanas. Nesta ocasión, a encargada de desenvolver o plan de formación continúa das hortas urbanas, foi a encargada de impartir un obradoiro sobre os diferentes tipos de conservas que se poden realizar. A finais de 2013 o Concello de Ames habilitou un total de 34 parcelas en Bertamiráns, e en marzo de 2014, cedeu 51 parcelas no Milladoiro dedicadas á iniciativa das hortas urbanas. Anteriormente xa se impartiu un obradoiro para que os usuarios/as das hortas urbanas de Bertamiráns elaboraran o seu propio composteiro.
Prácticas sostibles nas hortas urbanas
Coa posta a disposición da veciñanza amiense destes espazos hortícolas preténdese que a poboación adopte unha actitude activa na ocupación do seu tempo libre e de ocio. Trátase de facilitar a intervención de cidadáns no desenvolvemento sostible, facilitar a relación de coexistencia xeracional entre os veciños/as, e así mesmo, unha contribución ás economías familiares que se vén favorecidas polos cultivos de autoconsumo.
Segundo explica a concelleira de Medio Ambiente, María Eugenia Martín, “estas hortas urbanas están sendo un éxito. En Bertamiráns houbo máis solicitudes que parcelas ofertadas polo que houbo que elaborar unha lista de agarda e no Milladoiro completáronse as 51 parcelas postas a disposición dos veciños/as. A través deste cursos e obradoiros do plan de formación trátase de formar aos usuarios/as das hortas urbanas para que lle saquen o máximo aproveitamento a estes espazos hortícolas”.
O Concello de Ames está desenvolvendo un plan de formación continúa entre os usuarios/as das hortas urbanas de Bertamiráns e do Milladoiro. No último obradoiro impartíronse nocións sobre os diferentes tipos de conservas que existen. Deste xeito, explicáronse as diferentes instrucións que hai que seguir para realizar a conserva dun produto ao baleiro ou con azucre. A encargada de desenvolver o plan de formación continúa das hortas urbanas explicou a importancia que teñen as tapas dos botes para conseguir unha conserva correcta.
A través do proceso de conserva os usuarios/as das hortas urbanas poden conservar a súa produción, xa que é o sistema de conservación máis axeitado para a maioría das hortalizas e verduras. Empregando a técnica do envasado ao baleiro pódense conservar zumes, salsas, verduras, hortalizas, cremas, etc. Outras das cuestións que se explicaron foron os diferentes tipos de líquidos que se utilizan para encher os recipientes onde se gardan os produtos. Polo que explicou a persoas encargada de impartir este obradoiro é moi importante que os botes estean cheos de líquido ata arriba para que o produtos se conserve en bo estado.
Por petición dos participantes neste obradoiro tamén se falou do que hai que facer para conservar marmeladas. Neste caso non é necesario levar a cabo o proceso de envasado ao baleiro, xa que se leva a cabo o proceso de conservar a través do azucre. Trala parte teórica, os participantes neste obradoiro fixeron varias prácticas de conservas. Así, realizaron ketchup con tomate e maza; cenoria e brócoli ao natural; e chutney. Ademais, entregóuselle aos participantes varias receitas de produtos de horta para facer conservas.
Contido relacionado
La Voz de Galicia: "Adjudicatarios de las huertas urbanas de Ames aprenden a conservar sus cosechas"
El Correo Gallego: "Los usuarios de las huertas amienses se forman para elaborar conservas y dar continuidad a su producción"