Pestanas principais

Os usuarios/as da Rede municipal de comedores escolares rematan o curso xantando hamburguesa con patacas fritas

Martes, 21 de xuño de 2022

As nenas e nenos usuarias da Rede municipal de comedores escolares xantaron hoxe hamburguesa con patacas fritas, un menú elixido previamente nas elección feitas días atrás. Despois de seis anos consecutivos nos que gañou o churrasco, nesta ocasión impúxose a hamburguesa. O primeiro prato, puré de cenoria, foi escollido pola nutricionista municipal. A sobremesa, que tamén a elixiu o alumnado, foi o polo de limón ou laranxa. Este foi o décimo sétimo ano no que se celebraron estas peculiares eleccións nos comedores escolares.

As usuarias e usuarios da Rede municipal de comedores escolares cambiaron as súas preferencias este ano para despedir o curso. Por primeira vez o alumnado elixiu a hamburguesa con patacas fritas, para o menú de fin de curso que se serviu hoxe, penúltimo día de clase, xa que o mércores unha gran parte do alumnado xa come nas súas casas.

Este foi o décimo sétimo ano no que se celebraron estas peculiares eleccións nos comedores escolares. Nesta ocasión, o alumnado tivo que escoller entre seis posibilidades: albóndegas con arroz e salsa de tomate, croquetas caseiras, churrasco con patacas fritas, hamburguesa con patacas fritas, peituga rebozada (nugets) con pasta tricolor e salmón con arroz.

Este ano decidiuse incluír como opción a hamburguesa no lugar da pizza de xamón e queixo. O cambio tivo éxito porque finalmente a hamburguesa foi a opción máis votada despois de seis anos consecutivos gañando o churrasco.

Dende o 2011 o churrasco con patacas fritas gañou en nove ocasións e a pizza de xamón e queixo dúas veces. En 2011, 2012 e 2013 gañou o churrasco, mentres que en 2014 e 2015 impúxose a pizza. Os seis últimos anos volveu a gañar o churrasco como o prato favorito dos nenos e nenas da Rede municipal de comedores escolares ata este ano que se impuxo a hamburguesa.

Por outra banda, a listaxe de opcións de sobremesa contiña cinco opcións que eran o iogur de chocolate, xeado artesán, xeado polo, flan con nata e amorodos con nata. Para a sobremesa elixiron polo de limón ou laranxa.

A nutricionista elixe un prato
O Concello fai valer a súa representatividade para elixir outro prato que completa o menú de fin de curso, de maneira que dúas comidas son decisión dos cativos e outra vén definida pola dirección da Rede municipal de comedores escolares. Deste xeito, o primeiro prato que se serviu foi puré de cenoria.

Outro obxectivo que se busca con estas eleccións é que o alumnado aprenda os valores dunha educación en democracia e a respectar o que elixe a maioría. Ademais esta actividade serve para que o Concello coñeza os gustos e preferencias dos máis cativos a hora de xantar.

Novas relacionadas:

Enfoques: "Los comedores escolares de Ames disfrutan lo votado: fin de curso con hamburguesa"

Os usuarios/as da Rede municipal de comedores escolares rematan o curso xantando hamburguesa con patacas fritas

Multimedia

  • Os usuarios/as da Rede municipal de comedores escolares rematan o curso xantando hamburguesa con patacas fritas