Pestanas principais

Os Seráns de Tapia soaron a ritmo de foliada

Venres, 20 de agosto de 2021

A oitava sesión do programa cultural "Seráns de Tapia" animou a veciñanza nunha xornada con música e instrumentos tradicionais. Grazas á colaboración co Servizo de Normalización Lingüística de Ames, máis de 70 persoas gozaron, en familia, das cancións do grupo Tátara Trío.

A Foliada con Apego cambiou de espazo e desprazouse ata a Praia Fluvial de Tapia para completar o cartel do programa cultural Seráns de Tapia. Esta iniciativa, impulsada pola Concellaría de Cultura, organiza durante os xoves do verán 9 xornadas para todos os públicos e gustos.

A última sesión comezou co grupo Tátara Trío, formado polos músicos Pablo Díaz, Álex Fente e Fernando do Campo. O público de todas as idades cantou e bailou, fomentando a socialización interxeracional e a transmisión natural da lingua e da cultura propias.

As foliadas posiblemente teñan a súa orixe na esfolla do millo, nas esfolladas, un traballo en grupo en que se xuntaba a veciñanza de todas as idades nas noitiñas de outubro e novembro. A esfolla era habitual que fose acompañada de cantos e que rematase en baile. Hoxe o termo saíu do contexto de labor agrícola pero continua a designar xuntanzas interxeracionais festivas que teñen como protagonista o canto e o baile.

Foliada en Tapia

Multimedia

  • Foliada en Tapia
  • Foliada en Tapia
  • Foliada en Tapia
  • Foliada en Tapia
  • Foliada en Tapia
  • Foliada en Tapia
  • Foliada en Tapia
  • Foliada en Tapia
  • Foliada en Tapia
  • Foliada en Tapia