Pestanas principais

Os “Seráns de Tapia” continúan este xoves 8 de xullo con contacontos dirixidos a un público infantil e adulto

Martes, 06 de xullo de 2021

A segunda sesión do programa cultural “Seráns de Tapia” comezará ás 17.30 horas con dous contacontos inantís, “Conto Contiño”, das bibliotecas municipais, e “Andar os Biosbardos”, de Charo Pita. A xornada continuará coas “Lavandeiras” , de Vero Rilo e Sonsoles Peñadique para rematar co espectáculo “Estrelas”, de Soledad Felloza. Todas as actividades son de balde e non é preciso convite ou inscrición previa.

O programa “Seráns de Tapia”, organizado pola Concellaría de Cultura, coordinado polas Bibliotecas Municipais, e en colaboración coa Concellaría de Mocidade e Normalización Lingüística achega este xoves as Voces no Tambre, catro sesións de contacontos dirixidos a un público infantil e adulto.

Todos os xoves de xullo e agosto a Praia Fluvial de Tapia acollerá actividades de teatro, literatura, concertos e monólogos. Podedes consultar a programación completa premendo nesta ligazón.

Tras a exitosa inauguración o pasado 1 de xullo, Natividade González, concelleira de Cultura, agradece a boa acollida que tivo esta proposta: “Estamos moi contentos e contentas coa primeira xornada de Seráns de Tapia onde completamos aforo en todas as actividades. Alégramonos que a xente se achegue ata Tapia e aposte pola programación no rural e se dinamice este entorno natural e a nosa praia fluvial. Desexamos que durante as próximas sesións, a veciñanza de Ames sega mostrando o seu interese”. 

Novas relacionadas:

El Correo Gallego: "Continúan os Seráns de Tapia, desta vez con contacontos para nenos"

Revista AmesGO: "Xoves de contacontos nos ‘Seráns de Tapia’"

Os “Seráns de Tapia” continúan este xoves 8 de xullo

Multimedia

  • Os “Seráns de Tapia” continúan este xoves 8 de xullo