Pestanas principais

Os “Seráns de Tapia” continúan este xoves 12 de agosto con recitais de poesía

Mércores, 11 de agosto de 2021

A segunda sesión de agosto do programa cultural “Seráns de Tapia” comezará ás 19.30 horas. Nesta ocasión, tratarase dunha xornada de poesía escénica na que as protagonistas serán Lúa Mosquetera, Pompa e Boato, Nuria Vil e Sheila Patricia. Todas as actividades son de balde e non é preciso convite ou inscrición previa.

As ribeiras do Tambre encheranse de versos durante o xoves 12 de agosto.

Lúa Mosquetera, unha moza de Miño, escribe poemas feministas e que transmiten a idea do inconformismo. O seu último libro titúlase “Aunque seas rara y seas pájaro”.

Pomba&Boato é Samuel Merino, de Mos, un artista multidisciplinar. Licenciado en Filosofía pola Universidade de Santiago de Compostela, fórmase en Artes
Escénicas na Escola de Teatro da Sala Ingrávida (O Porriño).

Nuria Vil é unha viguesa cunha palabra falada e unha poesía escénica. Ademais dos seus poemarios, imparte clases de galego e cursos de spoken word.

Sheila Patricia é unha cantautora amante da palabra e da poesía, un xénero que influíu na súa vida e no seu primeiro disco, 'El camino de los sueños'. Trátase dunha artista que se desenvolve en diferentes estilos, como a canción de autor, o folk galego, os boleros, o jazz e ata o fado.

O programa “Seráns de Tapia”, organizado pola Concellaría de Cultura, coordinado polas Bibliotecas Municipais, e en colaboración coa Concellaría de Mocidade e Normalización Lingüística achega cada xoves á Praia Fluvial de Tapia actividades de teatro, literatura, concertos e monólogos. Podedes consultar a programación completa premendo nesta ligazón.

Os “Seráns de Tapia” continúan este xoves 12 de agosto con recitais de poesía

Multimedia

  • Os “Seráns de Tapia” continúan este xoves 12 de agosto con recitais de poesía