Pestanas principais

Os Seráns de Tapia animaron os xoves do verán

Venres, 27 de agosto de 2021

Dende o 1 de xullo, 9 xornadas se celebraron na praia fluvial de Tapia cada xoves. Este programa, organizado pola Concellaría de Cultura, e coordinado polas Bibliotecas, achegou a Ames actividades de teatro, literatura, concertos, monólogos, música, maxia e acrobacias, onde máis de 20 actuacións, representadas por 42 artistas, achegáronse ao millar de persoas.

Os Seráns de Tapia foi un programa clave para aproximar a cultura ao medio rural integrando elementos tan importantes como o medio, xa que o escenario foi a Praia Fluvial de Tapia. Deste xeito, pretendeuse dinamizar espazos abertos con distintas disciplinas.

A devandita actividade cultural foi un éxito, con case mil espectadores, onde había un aforo limitado por mor da Covid. Os Seráns celebráronse nun espazo privilexiado e cunha variada programación que abranguiu dende público familiar, adulto ata mocidade.

Ademais, un dos factores claves foi o tempo xa que, xoves tras xoves, tivo clemencia e respectou aos diferentes espectáculos que se celebraron durante os meses de xullo e agosto.

Considerando o éxito deste programa que nace coa fin de dinamizar a cultura no rural, a Concellaría de Cultura adianta que, ademais de repetir en Tapia e seguir cos Seráns de Tapia ao carón do Tambre, xa está buscando outra localización doutra parroquia amesá para o verán que vén continuar co programa.

Natividade González, concelleira de Cultura, asegurou que: “Foi un dos programas máis ambiciosos deste verán. E, ademais, neste caso, situámolo no rural. Ademais, da xente de idade media, todos e todas a veciñas se achegaron aos Seráns de Tapia ”.

Seráns de Tapia

Multimedia

  • Seráns de Tapia