Pestanas principais

Os Reis Magos visitarán Ames este xoves

Martes, 03 de xaneiro de 2012

[03-01-2012] O Reis magos chegan a Ames o próximo xoves día 5 de xaneiro. A súa primeira parada será no pavillón do Milladoiro ás 18.00 horas; media hora máis tarde pasarán polo pavillón de Bertamiráns. As súas Maxestades estarán acompañadas por paxes reais e atenderán as peticións de tódolos nenos/as. Media hora antes da chegada dos reis magos haberá animación para todos os nenos e nenas.

Un ano máis os Reis Magos pasarán polo Concello de Ames antes de comezar unha noite de moito traballo na que repartirán regalos aos nenos e nenas de todo o mundo. A recepción real será nos pavillóns do Milladoiro e Bertamiráns e os Magos de Oriente estarán acompañados de paxes e comparsas que repartirán caramelos e ilusión entre todos os nenos e nenas. Sen dúbida ,esta é unha das citas anuais que máis agardan os pequenos da casa. O vindeiro xoves terán oportunidade de ver, un ano máis ou por primeira vez, os Reis Magos.

A V edición do concurso de cartas de Nadal xa ten gañadores

O xurado desta V edición do concurso de cartas aos Reis Magos, formado por persoas escollidas pola Casa Real de Oriente e polo Concello de Ames, xa lles puxo nome aos gañadores deste ano. Laura Rodríguez Lema e Antía Somoza Bóveda fixéronse co premio na categoría de Educación infantil, Sara Casuso Mosquera e Lúa Ardións Liñares gañaron na categoría de Primeiro ciclo de primaria e Sabela Nóvoa Gómez e Nicolás Tajuelo Arenas gañaron na categoría de Segundo ciclo de primaria.

Por quinto ano consecutivo os Reis Magos fixeron un chamamento aos nenos e nenas do concello para que lles enviasen as súas cartas de Nadal escritas en galego.  Un chamamento que nesta edición tivo moitísimo éxito pois participaron no concurso máis de 400 nenos e nenas de entre 3 e 9 anos, feito que os magos agradecen profundamente. Os rapaces e rapazas que enviaron a súa carta recibiron ou recibirán proximamente unha misiva de resposta das Súas Maxestades cun pequeno agasallo. Entre todos os participantes, un xurado de escollido pola Casa Real de Oriente e o Concello de Ames premiou as seis mellores cartas, tendo en conta tanto o contido como a decoración. O xurado indicou que o labor de selección foi moi difícil, tanto pola alta participación como pola calidade das  cartas recibidas e quixo agradecer o traballo realizado polos nenos e nenas así como a colaboración dos papas e mamás e dos equipos de dinamización lingüística cos colexios de educación infantinl e primaria do Concello de Ames. O próximo xoves día 5 de xaneiro as gañadoras e gañadores do certame recibirán os seus agasallos nos pavillóns de Bertamiráns e do Milladoiro.

Contido relacionado


El Correo Gallego: "Un sinfín de cabalgatas recorrerán la comarca"
La Voz de Galicia: "Los Magos llegan a Compostela para ir adelantando trabajo"