Pestanas principais

Os Reis Magos visitarán Ames este martes, 5 de xaneiro, antes de comezar co reparto de agasallos

Sábado, 02 de xaneiro de 2016

[02-01-2016] A Cabalgata percorrerá as rúas do Milladoiro a partir das 17:00 horas, mentres que en Bertamiráns comezará a percorrer as rúas desta localidade dende as 19:00 horas. Xunto aos Reis Magos desfilarán 20 figurantes e haberá animación de rúa con música en directo. Este ano como novidade a recepción aos Reis Magos farase na Casa da Cultura do Milladoiro e na Casa do Concello, en Bertamiráns. Só en caso de alerta laranxa a Cabalgata e a animación de rúa trasladarase ao interior dos pavillóns polideportivos.

Melchor, Gaspar e Baltasar volven un ano máis a Ames para agasallar con caramelos aos nenos e nenas do municipio. No Milladoiro a Cabalgata discorrerá pola Travesía do Porto, rúa de Palmeiras, Agro do Medio, rúa de Abaixo, Raxoeira, Anxeriz, Cruxa, Agro do Medio, Rosalía de Castro, Viorneira, Agro da Madalena e Cereixos, volvendo á Travesía do Porto para chegar arredor das 18:00 hora á Casa da Cultura do Milladoiro, onde os Reis Magos serán recibidos pola corporación municipal.

De seguido, a comitiva real trasladarase a Bertamiráns. Neste caso a partir das 19:00 horas a Cabalgata percorrerá a avenida da Maía, avenida da Peregrina, Rueiro, Arrucheiro, Pedregal, Poeta da Maía, volvendo de novo á avenida da Maía para pasar polas rúas Alcalde Lourenzo, Entrerríos e Ameneiral, e rematar na Casa do Concello. Neste lugar terá lugar, ás 20:00 horas, unha segunda recepción e a despedida dos Reis Magos, cuxo traballo comezará pola noite, cando visiten os fogares amesáns.

Xunto aos Reis Magos desfilarán 20 figurantes e haberá animación de rúa con música en directo. Este ano como novidade a recepción aos Reis Magos farase na Casa da Cultura do Milladoiro e na Casa do Concello, en Bertamiráns. Só en caso de alerta laranxa a Cabalgata e a animación de rúa trasladarase ao interior dos pavillóns polideportivos.

Gañadores/as do Concurso de Cartas de Nadal
Este ano os Concello de Ames, Teo e Santiago puxeron en marcha, de forma conxunta, o Concurso de Cartas de Nadal, unha actividade posta en marcha polas respectivas áreas de Normalización Lingüística de cada concello. A iniciativa, baixo o lema 'Este Nadal...cultívao a diario!' pretendeu animar a nenos e nenas a encher de contidos as cartas que escriben pedindo os seus agasallos de Nadal. O Concello de Ames leva xa nove anos desenvolvendo este programa en colaboración cos centros de ensino de educación infantil e primaria.

O xurado do Concurso de Cartas de Nadal xa elixiu aos gañadores/as desta edición. No Milladoiro, os premiados foron Yago Bouzas Durán, Lorena Iglesias Brea e Silas Brian Balboa de Andrade. Os tres alumnos/as están escolarizados na EEI do Milladoiro. Ademais, o xurado decidiu outorgar unha mención especial para as cartas colectivas que enviaron desde a Escola Infantil Municipal A Madalena. En Bertamiráns, os gañadores/as foron Martín Fernández Montañés, do CEIP Agro do Muíño; Alberte Carballo Fernández, do CEIP A Maía; e Nadir Moreira Gómez, do CEIP de Barouta.


Contido relacionado


La Voz de Galicia: "Cuenta atrás para la noche de Reyes"
El Correo Gallego: "Los Reyes Magos pondrán el broche de oro en Ames al programa de Navidad"
El Correo Gallego: "Hacen públicos los ganadores del concurso de cartas de Navidad del concello amiense"